O próximo 25 de setembro, sábado, ás 17 horas, na horta da Casa-Museo Manuel María celebrarase a actuación da Orquestra de Cámara Galega, dirixida por Rogelio Groba Otero. O concerto encádrase na entrega de Rogelio Groba Groba, o compositor galego de música clásica vivo máis relevante, á Casa-Museo Manuel María de tres cantatas da súa autoría, baseadas en poemas de Manuel María, que forman unha triloxía sobre Galiza.
O concerto é gratuíto mais é imprescindíbel reservar en contacto@casamuseomanuelmaria.gal ou no whatsapp 698177621.