O Pazo de Sabadelle, en Chantada, inaugura este sábado, 8 de xuño, a mostra ‘Cobertores de Emocións, pan e chocolate’. A exposición, que se prolongará deica o 31 de outubro nesta gran casa de labranza e pazo do rural chantadino, abrirase a partir das 20.30h. cunha acción cultural multidisciplinar.
Estarán presentes as autores e autores das obras plásticas que permanecerán nas estancias do pacio: Beatriz Palomero, Miguel Anxo Macía e Moxon (Xosé Manuel Rodríguez) pero ademais haberá poesía de Mónica Sánchez, Quco Valeiras e Eva Xanin e música a cargo de Searas, Mad Mission e Daniel do Pando ademais de degustacións de produtos da zona.
O alumnado de plástica do IES Val do Asma foi quen creou con Lola López o cartaz desta edición da singular mostra de arte no Pazo.
Colaboran: Concello de Chantada, IES Val do Asma Chantada, Pazo de Sabadelle Chantada, Turismo Searas.
*Información recollida desde o Pazo de Sabadelle.