TERRA CHÁ.
Terra de misterios e natureza, eterna maxia en lugares de poder, sulcos feitos polas rodas dos carros, pontes antigas en camiños empedrados, carreiros perdidos en fondas fragas, pobos castrexos, pedras que falan, follas do chan, loitando con fermosos versos.
Terra Chá, orgullo dun pobo, herdo no sangue, paisaxe de paz e silencio, mar de terra verde, fala chairega, débeda dos antergos.
Outeiros coroados de castros, lingua dunha terra viva, trocando en moitas maneiras, fume, onde o millo é abanado polo vento, cunha máxica que abrocha sen alento, feitizo nunha adiviña, ferida nun colmear, ventá por almofada, palleiro de moito gran, mans fortes de apreixar, terróns atollados na lama, aturuxo dun labrego, neno xogando o bailarisco, cebolas nunha baraza, mozo bebellosventos.
Outeiros coroados de castros, herdo dos devanceiros.