O IESCHA, dentro do ciclo PREMIOS MESTRE MATETO, organiza a proxección da longametraxe TRES, de Juanjo Giménez, que terá lugar o sábado 19 de novembro de 2022, ás 20:00 h. no Auditorio Municipal de Vilalba.
Chega a Pontevedra Inventio, un espectáculo para todos os públicos inspirado no universo Xacobeo
Trátase dunha proposta escénica galega de gran formato concibida para a diversión de toda a familia que mestura circo, maxia e danza
Inventio brindará ata cinco funcións no Auditorio Sede Afundación Pontevedra entre os días 11 e 13 de novembro e os billetes están á venda na plataforma web entradas.ataquilla.com
O espectáculo está a desenvolver unha intensa xira por España e Portugal que durará ata mediados de xaneiro do 2023
Xa está todo listo para o desembarco do espectáculo familiar Inventiono Auditorio Sede Afundación Pontevedra esta fin de semana. Esta proposta escénica de gran formato que mestura circo, maxia e danza brindará ata cinco funcións entre o venres 11 e o domingo 13 de novembro. Os billetes oscilan entre os 15 e os 25 euros máis gastos de xestión e están á venda na web entradas.ataquilla.com. Ademais, hai desconto para os usuarios do Carné Xosé e os menores de dous anos non pagan sempre que non ocupen butaca. Inventio chega a Pontevedra logo da boa acollida recibida no seu paso por Ferrol, Santiago, Salamanca e mais Lugo.
Inventio é un espectáculo para todos os públicos que reborda humor, misterio e fantasía e no que conviven a comedia e o drama, a danza, o ilusionismo e as artes circenses. Está concibido como un convite para gozar cos sentidos dunha historia onde o pasado e o futuro danse a man grazas á sucesión de números de maxia, levitacións, equilibrios, malabares, aéreos, audiovisuais e mais composicións de música tradicional galega fundidas con sons electrónicos. Cunha atmosfera máxica e unha posta en escena vangardista, Inventio recupera a paisaxe, os costumes, a música, a arte ou a arquitectura de Galicia nun espectáculo delicado e cegador, de busca e descubrimento. Inventio é un camiño de regreso á sensibilidade a partir da tradición e a modernidade.
Para materializar esta ambiciosa proposta escénica, Inventio conta cun numeroso equipo creativo e artístico formado por máis de 40 persoas, entre elas seis bailaríns e seis artistas circenses. Na dirección atópase o mago Martín Varela, que tamén exerce de guía do espectáculo. Como responsable da dramaturxia figura José L. Prieto e na dirección artística está Suso Montero. A dirección de maxia recae sobre os ilusionistas Fani Triana e Martín Camiña e a de circo en Jorge Miquel. A dirección musical leva o selo de José Trincado ‘Triki’ e o ballet e as coreografías son unha creación de Mercedes Suárez. Completan o equipo Alberto Casas no deseño de iluminación e Conchi Silvent na dirección de vestiario. Inventio é unha iniciativa da promotora galega Thinking Up Events, da Xunta de Galicia a través do programa Xacobeo 21-22 e mais da Fundación “la Caixa”, e conta tamén co apoio de Sargadelos.
A HISTORIA. Ano 2094. O noso mundo é branco, aséptico, limpo, ordenado. O noso universo é frío e tan impersoal coma o quirófano dun hospital. Deixamos de sentir e de comunicarnos. Aterramos no futuro, si, pero perdemos a memoria e a emoción. Galicia. Último ano Xacobeo deste século XXI. Unha troupe formada por un ilusionista, seis bailaríns e seis artistas de circo comproban que xa non existe o Camiño de Santiago, que xa ninguén o lembra. Non quedan peregrinos nin un camiño que percorrer xuntos. Tampouco a auga ou a chuvia, o son das gaitas, o verde dos campos ou a pegada do mar na area. Nin pegada nin lembranza ningunha. Que era todo aquilo? Onde quedaron a viaxe, a busca e o descubrimento? Onde liscou a sensibilidade? Velaquí as preguntas que van guiar a esa troupe circense que teima nunha misión: reconstruír a súa identidade cultural. Sobre as táboas, os artistas vense envoltos nunha aventura sen igual. O pasado tócaos maxicamente e unha forza sobrenatural transformaraos.
Inventio nace co obxectivo de servir de vehículo de coñecemento e de divulgación do Camiño de Santiago e da cultura galega a través dunha historia de buscas e encontros, apta para público familiar e adulto. Trátase dun espectáculo que dota o noso patrimonio cultural dun enorme poder simbólico: tradicións nadas hai séculos que perduran hoxe, e que o fan enriquecidas e felizmente contaminadas doutras manifestacións artísticas, cunha ollada aberta que pon en valor o que nos constrúe e o que nos une.
Logo do seu paso por Pontevedra, a xira de Inventio proseguirá por Cáceres (26-27 novembro), Ourense (2-3 decembro), Bilbao (29-30 decembro), Vigo (3-4 xaneiro 2023) e A Coruña (13-14 xaneiro). Toda a información actualizada sobre a xira e os billetes está dispoñible no espazo web www.inventio.gal.
PARAÍSO CANTO, en concerto, este sábado, 12 de novembro, ás 20 horas na Casa-Museo Manuel María
Martiño Malleiro e Gabi Reboredo, PARAÍSO CANTO, parten da música de tradición oral galega, procurando un son persoal con arranxos propios, e experimentando tamén con outras sonoridades do mundo.
A persoal e expresiva voz de Gabi xunto ao latir dos seus pandeiros é acompañada con gusto e delicadeza polos clarinetes baixo e soprano e mais polo acordeón cromático de Martiño. Deixámosvos aquí dúas mostras:
O seu canto é un canto comunitario. O canto do pobo, ese legado marabilloso que nos acompaña sempre: na casa, na aldea, nas tabernas… E eles lévano ao palco deixando que se transforme procurando un son minimalista, mais cun repertorio diverso e emocionante.
Para asistir ao concerto é necesario facer reserva (o prezo do billete é de 5 euros) en contacto@casamuseomanuelmaria.gal ou no whatsapp 698177621
Aproveitar este correo para vos comunicar que o sábado, 19 de novembro, á mesma hora, 20 hrs, teremos a posibilidade de desfrutar con Uxía e Germán Díaz que virán presentar un traballo de Alalás e cantigas do Camiño. Para este concerto que vos iremos informando nos próximos días tamén será necesario facer reserva.
Esta proposta escénica galega de gran formato inspirada no Camiño de Santiago chegará ao Teatro Colón da Coruña o venres 13 e o sábado 14 de xaneiro
Comedia, maxia, danza e artes circenses mestúranse neste espectáculo para todos os públicos que desde o pasado setembro está de xira por España e Portugal
Os billetes para as funcións da Coruña están desde hoxe, 7 de novembro, á venda a través da plataforma web entradas.ataquilla.com
O espectáculo Inventio chegará no mes de xaneiro de 2023 á Coruña para encher o Teatro Colón de circo, maxia e danza durante dous días. Esta proposta escénica de gran formato concibida para público familiar poderá verse na cidade herculina o venres 13, ás 20.00h, e o sábado 14 de xaneiro, en doble función, ás 17.00 e ás 20.30h. Os billetes (a partir de 13€ máis gastos de xestión) están xa á venda desde esta mesma mañá na web entradas.ataquilla.com. Ademais, hai desconto para os usuarios do Carné Xove e os menores de dous anos non pagan sempre que non ocupen butaca.
Inventio é un espectáculo para todos os públicos que reborda humor, misterio e fantasía, e no que conviven a comedia e o drama, a danza, o ilusionismo e as artes circenses. Está concibido como un convite para gozar cos sentidos dunha historia onde o pasado e o futuro danse a man grazas á sucesión de números de maxia, levitacións, equilibrios, malabares, aéreos, audiovisuais e mais composicións de música tradicional galega fundidas con sons electrónicos. Cunha atmosfera máxica e unha posta en escena vangardista, Inventio recupera a paisaxe, os costumes, a música, a arte ou a arquitectura de Galicia nun espectáculo delicado e cegador, de busca e descubrimento. Inventio é un camiño de regreso á sensibilidade a partir da tradición e a modernidade.
Para materializar esta ambiciosa proposta escénica, Inventio conta cun numeroso equipo creativo e artístico formado por máis de 40 persoas, entre elas seis bailaríns e seis artistas circenses. Na dirección atópase o mago Martín Varela, que tamén exerce de guía do espectáculo. Como responsable da dramaturxia figura José L. Prieto e na dirección artística está Suso Montero. A dirección de maxia recae sobre os ilusionistas Fani Triana e Martín Camiña e a de circo en Jorge Miquel. A dirección musical leva o selo de José Trincado ‘Triki’ e o ballet e as coreografías son unha creación de Mercedes Suárez. Completan o equipo Alberto Casas no deseño de iluminación e Conchi Silvent na dirección de vestiario. Inventio é unha iniciativa da promotora galega Thinking Up Events, da Xunta de Galicia a través do programa Xacobeo 21-22 e mais da Fundación “la Caixa”, e conta tamén co apoio de Sargadelos.
A HISTORIA
Ano 2094. O noso mundo é branco, aséptico, limpo, ordenado. O noso universo é frío e tan impersoal coma o quirófano dun hospital. Deixamos de sentir e de comunicarnos. Aterramos no futuro, si, pero perdemos a memoria e a emoción. Galicia. Último ano Xacobeo deste século XXI. Unha troupe formada por un ilusionista, seis bailaríns e seis artistas de circo comproban que xa non existe o Camiño de Santiago, que xa ninguén o lembra. Non quedan peregrinos nin un camiño que percorrer xuntos. Tampouco a auga ou a chuvia, o son das gaitas, o verde dos campos ou a pegada do mar na area. Nin pegada nin lembranza ningunha. Que era todo aquilo? Onde quedaron a viaxe, a busca e o descubrimento? Onde liscou a sensibilidade? Velaquí as preguntas que van guiar a esa troupe circense que teima nunha misión: reconstruír a súa identidade cultural. Sobre as táboas, os artistas vense envoltos nunha aventura sen igual. O pasado tócaos maxicamente e unha forza sobrenatural transformaraos.
Inventio nace co obxectivo de servir de vehículo de coñecemento e de divulgación do Camiño de Santiago e da cultura galega a través dunha historia de buscas e encontros, apta para público familiar e adulto. Trátase dun espectáculo que dota o noso patrimonio cultural dun enorme poder simbólico: tradicións nadas hai séculos que perduran hoxe, e que o fan enriquecidas e felizmente contaminadas doutras manifestacións artísticas, cunha ollada aberta que pon en valor o que nos constrúe e o que nos une.
Toda a información sobre a xira e o espectáculo está dispoñible no espazo web www.inventio.gal.
Por segunda vez, o IESCHA vese na obriga de adiar a película VILAMOR, en formato de autocine, prevista nun principio para o 29 de outubro, logo para o sábado 5 de novembro, e agora adiada de novo, por causas alleas ao propio IESCHA.
O espectáculo familiar Inventio encherá Pontevedra de circo, maxia e danza a vindeira semana
· Esta proposta escénica galega de gran formato inspirada no Camiño de Santiago brindará cinco funcións no Auditorio Sede Afundación Pontevedra entre os días 11 e 13 de novembro
· Comedia, maxia, danza e artes circenses mestúranse neste espectáculo para todos os públicos que estará de xira ata mediados de xaneiro do 2023 por España e Portugal
· Os billetes para as funcións de Inventio están á venda na plataforma web entradas.ataquilla.com
O espectáculo Inventio chegará a vindeira semana a Pontevedra para encher o Auditorio Sede Afundación de circo, maxia e danza durante tres días. Esta proposta escénica de gran formato concibida para público familiar brindará ata cinco funcións entre o venres 11 e o domingo 13 de novembro. Os billetes oscilan entre os 15 e os 25 euros máis gastos de xestión e están á venda na web entradas.ataquilla.com. Ademais, hai desconto para os usuarios do Carné Xove e os menores de dous anos non pagan sempre que non ocupen butaca.
Inventio, un espectáculo para todos os públicos que reborda humor, misterio e fantasía, e no que conviven a comedia e o drama, a danza, o ilusionismo e as artes circenses. Está concibido como un convite para gozar cos sentidos dunha historia onde o pasado e o futuro danse a man grazas á sucesión de números de maxia, levitacións, equilibrios, malabares, aéreos, audiovisuais e mais composicións de música tradicional galega fundidas con sons electrónicos. Cunha atmosfera máxica e unha posta en escena vangardista, Inventio recupera a paisaxe, os costumes, a música, a arte ou a arquitectura de Galicia nun espectáculo delicado e cegador, de busca e descubrimento. Inventio é un camiño de regreso á sensibilidade a partir da tradición e a modernidade.