A narradora e actriz, Soledad Felloza, estará este sábado no auditorio da Casa-Museo Manuel María para contar ás nenas e nenos (entre 5 e 10 anos) que se acheguen, e as súas familias, “Bailar nas nubes”.
O espectáculo trata dunha nena que soña con bailar coas nubes mais a súa casa está pegadiña á terra e moi lonxe do ceo. Só a axuda de novos veciños fará que o soño sexa unha realidade.
As entradas poden reservarse anticipadamente (prezo do billete: 2 euros) a través do correo electrónico contacto@casamuseomanuelmaria.gal
*Información facilitada pola Casa-Museo Manuel María