CORO UGANDA NATUMAYINI, explosiva mezla de voces, ritmos e danzas tribais encherán de ritmo o Auditorio Carmen Estévez.
Actuación a beneficio de “Música para Salvar Vidas” . Uganda NATUMAYINI é un coro composto por unha vintena de rapaces procedentes dos barrios más pobres de kampala (Uganda). Que medraron e formáronse no orfanato de “Música para Salvar Vidas”, un proxecto de axuda os nenos orfos de Uganda para medrar e aprender da música e da danza, co fin de atopar un futuro no seu propio país.
As entradas xa están a venda en Ataquilla.com. e na Casa da Cultura no seu horario habitual, de luns a venres de 11h a 13h e de 17:30h a 21:00h. E sábados de 11h a 13h.
Data: Sábado 27 de xaneiro de 2018
Lugar: Auditorio Carmen Estévez
Hora: 20:30h
Entrada Única: 5 €
Colabora: Concello de Vilalba.
*Información facilitada pola área de Cultura do Concello de Vilalba