¿Poderá o mar curar as feridas de Alma?
“Consideraba que unha parte das preguntas que facemos son impertinentes e outras serían inútiles se observásemos aos outros con atención e ollos de ver. Con ollos de muller, engadía”
Francisco X. Fernández Naval – “Alma e o Mar“ |
Seguro que algúns de vós coñecedes a Alma. Alma é unha muller como calquera outra, unha muller nun mundo de homes. Unha muller que decide retirarse por un tempo para descubrirse a si mesma e esquecer o seu pasado nun pobo da costa galega, un lugar marabilloso onde terá a ocasión de coñecer a outras mulleres de hoxe, das que loitan cada día contra inxustizas, abusos e acosos en todos os ámbitos das súas vidas.
Francisco Fernández Naval deulle vida a esta loitadora chamada Alma na novela que publicou a finais do pasado ano e quere compartir con vós un anaquiño do seu traballo. ¿O lugar de encontro? A Librería Biblos. E nós encantados. Que mellor xeito de celebrar o mes da muller que achegándovos “Alma e o mar”, unha estupenda novela que trata dun xeito realista a condición feminina na sociedade actual
Se vos apetece coñecer a Francisco, levar o voso exemplar asinado e escoitar algo máis sobre o nacemento deste libro, tedes unha cita con él mañá, día 1 de marzo ás 20:15h.
¡Non o esquezades! |
|
|
Francisco X. Fernández Naval (Ourense, 1956) licenciado en Filosofía e Ciencias da Educación, poeta, novelista, articulista e guionista. Obtivo o Premio Xerais de novela por “O bosque das Antas”, o Fiz Vergara de poesía por “Bater de Sombras” e o Ánxel Casal ao mellor libro galego de non ficción por “O soño Galego de Julio Cortázar” entre outros premios.
|
*Información achegada dende a Libraría Biblos de Lugo