A Homenaxe “A/O Escritor/a na súa Terra – Letra E“, que cada ano impulsa a AELG, chega neste 2020 á súa XXVI edición, recaendo por decisión da Asemblea de Socias e Socios na figura de Vítor Vaqueiro.
A actividade terá lugar o sábado 19 de setembro, en Santiago de Compostela. A partir das 11:30 horas desenvolverase o programa de actos previsto, que se pode descargar aquí:
11:30 Parque de Galeras (Santiago)
Descubrimento do Monólito conmemorativo e plantación do carballo (árbore simbólico do escritor).
– Intervención do presidente da AELG, Cesáreo Sánchez Iglesias.
– Intervención do homenaxeado, Vítor Vaqueiro.
– Intervención do Alcalde de Santiago de Compostela, ou persoa en quen delegue.
12:30 Concello de Santiago de Compostela
Acto de entrega da “Letra E”
– Lectura da acta de concesión, Anna R. Figueiredo, vicepresidenta da AELG en funcións.
– Intervención do presidente da AELG, Cesáreo Sánchez Iglesias.
– Xabier Paz: Laudatio.
– Entrega da peza escultórica da artista Soledad Penalta.
– Intervención do homenaxeado: Resposta á laudatio por parte de Vítor Vaqueiro.
– Intervención do Alcalde de Santiago de Compostela, ou persoa en quen delegue.
Cumprindo os protocolos relacionados coa excepcional situación sanitaria que estamos vivindo, no acto que terá lugar no interior do Concello só poderán estar presentes 12 persoas, a expensas de posíbeis modificacións das medidas existentes en cada momento en canto á saúde pública.
Dadas as actuais circunstancias derivadas da situación sanitaria provocada pola Covid-19, suspéndese o tradicional xantar de confraternidade.
*Información achegada desde a Secretaría Técnica da AELG.