A Asociación As San Lucas, o Colectivo Mondoñedo É.. e o Concello de Mondoñedo convidan á cidadanía ao:

Acto de entrega do PREMIO MONDOÑEDO10 2018 – TEATRO

Domingo, 21 de outubro, ás 12:30h.

Auditorio Pascual Veiga (Mondoñedo)

Entrada libre

Farase entrega dunha obra de arte orixinal de Xosé Vizoso e dun diploma, creado por José Pedro Gómez, a Vanesa Sotelo, autora da obra “Nome: Bonita”, recoñecida polo xurado do PREMIO MONDOÑEDO10 2018 – TEATRO como mellor obra de teatro galego da última década.

REPRESENTACIÓN TEATRAL

Durante o desenvolvemento deste acto, a compañía de teatro da Asociación Cultural Alexandre Bóveda (A Coruña) poñerá en escena dúas breves pezas teatrais baixo a dirección de Lino Braxe: “Na ponte de ferro”, de Rafael Dieste e “ Xan, o bo conspirador ”, de Álvaro Cunqueiro.

HOMENAX E A VEIGA

Aproveitamos para comunicar que ás 11:30h celebrarase no Cemiterio Vello (a carón do mausoleo de Pascual Veiga) un acto de irmandade entre a Asociación As San Lucas e a Fundación Eduardo Pondal, de Ponteceso, que rematará cunha Ofrenda Floral e a interpretación do Himno Galego.

Mondoñedo, 20 de outubro de 2018