A SAUDADE DA IALMA é o novo poemario que editamos no #EstraperloCulturalia. Branca Villar Alvariño é a autora, unha poeta desa estirpe diazcastriana daquelas terras guitiricense, concretamente de Labrada, que tenhen no camiño real da Granxa e do vello mosteiro unha arteria directa ao corazón do Vilariño.

Labrada é tamén poesía, poesía do corazón da terra e poesía con nomes de mulleres que como Luz Campello García remexen no inventário do proibido e afondan na saudade da ialma. Branca, nasceu poeta, poeta saída da terra á que tanto amou o seu pai, Antón María Villar Cancelo, un histórico loitador da patria que deixou na sua filla a encomenda desa ialma que só a partir é quen de transmitir.

Branca Villar forma parte desa estirpe chairega e Guitirica de novos poetas que non poderían ser outra cousa porque nas súas veas, ademáis de sangue circula a mesma ialma de Diaz Castro e a terra que agroma froitos e versos floridos.

Así no Estraperlo Culturalia, estamos honrados de dar cabida a tanta criación e moito máis si ven desa terra Labrada.

Desfrutade, pois, desta saudade da ialma nos versos de Branca Villar Alvariño, no seguinte enlace.