
De Manuel María a Begoña Caamaño é o título do concerto que Uxía, acompañada por Santi Cribeiro (acordeón) e Sérgio Tannus (guitarra), dará este sábado, 17 de outubro, ás 20 horas, na Casa-Museo Manuel María.
Interpretarán pezas do traballo musical sobre poemas de Manuel María realizado, en 2012, por Uxía, e cancións do último traballo de esta, en homenaxe a Begoña Caamaño, “Indómitas (nove ondas a Begoña Caamaño)” (2026).
Billete: 5 euros. Reservas en contacto@casamuseomanuelmaria.gal ou no whatsapp 698177621.
Uxía fará este mesmo concerto o día 16 de outubro, venres, ás 20 horas, no novo Espazo Cultural Manuel María (rúa do Socorro, 30 A Coruña). Se estades interesados en asistir ao da Coruña comentarvos que debedes reservar en espazocultural@manuelmaria.gal ou no whatsapp 641027032.