MJ Pérez estará, este sábado, en concerto, na Casa-Museo Manuel María

A cantante e compositora arzuá, MJ Pérez, estará este sábado, 28 de novembro, ás 20 horas, na Casa-Museo Manuel María. E faráo, en formato dúo, para interpretar o seu último traballo Je tiens bon, un disco cheo de pop, música de raíz, rock, ritmos latinos e brasileiros e con letras onde se combina o íntimo co social, temperado todo con humor, ironía, inconformismo e sensibilidade.

Para asistir ao concerto é necesario reservar previamente (billete 5 euros) en contacto@casamuseomanuelmaria.gal ou no whatsapp 698177621.

Videoclip MJ Pérez, BARCO Á DERIVA