
O Instituto de Estudos Chairegos (IESCHA) en colaboración coa Academia Galega do Audiovisual, a Área de Cultura-Vicepresidencia da Deputación de Lugo e o Concello de Vilalba, organiza a proxección do documental O SILENCIO HERDADO, de Lucía Dapena González, continuando deste xeito co CICLO MESTRE MATEO-2026 que nos está brindando a oportunidade de poder desfrutar das películas finalistas (documentais, longametraxes e curtas) dos XXIV PREMIOS MESTRE MATEO.
Esta sétima proxección terá lugar no Auditorio Municipal de Vilalba o domingo 18 de outubro de 2026, ás 20:00h.
A entrada é de balde, pero haberá que facer a correspondente reserva de localidade en entradasvilalba.es.
NOTA-O-silencio-herdado