A VOZ DO VENTO, concerto de Fran Amil e Moncho do Orzán, este sábado na Casa-Museo Manuel María

A VOZ DO VENTO, CONCERTO DE FRAN AMIL E MONCHO DO ORZÁN

Sábado, 14 de novembro, ás 20 hrs, na Casa-Museo Manuel María

Entrada gratuíta mais é necesario reservar en contacto@casamuseomanuelmaria.gal ou no whatsapp 698177621.

Interpretarán os once poemas de Manuel María que Fran Amil musicalizou en 2016 para o traballo musical A VOZ DO VENTO. Cancións que tocou xunto á Tribo Incomprensíbel (Aarón Bouzón, Paco Cerdeira e Richi Casás) e as voces de Jasper, Paula Romero, Antón Díaz, Xurxo Souto, Belém Tajes, O Leo, Mj Pérez e Xosé Antón Bocixa.Agora, dez anos despois, Fran Amil e Moncho do Orzán pretenden lembrar este traballo e achegar a poesía de Manuel María ao público adulto nun traballo onde se mestura rock, folk, blues e pop. 

Podedes escoitar as pezas na seguinte ligazón https://franamil.com/music/a-voz-do-vento/.

Xornadas sobre Inmigración na Casa da Cultura de Vilalba

O Instituto de Estudos Chairegos e o Consello da Cultura Galega, coa colaboración do Concello de Vilalba, organizan as XORNADAS SOBRE INMIGRACIÓN que se levarán a cabo na Casa da Cultura de Vilalba, os días 13 e 14 de novembro de 2026 co seguinte programa:

VENRES 13 DE NOVEMBRO, A PARTIR DAS 17:30

  • INAUGURACIÓN DAS XORNADAS 

o  Marisa Barreiro, IESCHA

o  Marta Rouco, CONCELLO DE VILALBA 

  • INAUGURACIÓN E PRESENTACIÓN DAS EXPOSICIÓNS
    • “As Cores do respecto“,de Le Magic Mayimba (Pablo del Valle)
    • “Os Adeuses”, fotografías de Alberto Martí, cedida polo Consello da Cultura Galega 
  • RELATORIO 1 – ANA MARÍA PERNAS VÁZQUEZ, Socióloga
    • Dos Ventos do odio ás tempestades da violencia: memes e desinformación
  • RELATORIO 2 – JOSÉ EDUARDO BASANTA MONTENEGRO, Inspector de Educación
    • Alumnado de incorporación tardía no sistema educativo. Visión da realidade no Concello de Vilalba
  • RELATORIO 3 – LUZIA OCA GONZÁLEZ, Doutura en antropoloxia pola USC
    • Burela, de parroquia mariñeira a vila super-diversa

SÁBADO 14 DE NOVEMBRO, A PARTIR DAS 11:30

  • RELATORIO 1 – NOURA EL AMRANI SBAI, Mediadora Intercultural no Concello de Arteixo
    • A migración e a mediación intercultural ao longo destes 20 anos 
  • INTERVENCIÓN MUSICAL CON PABLO DEL VALLE: 
    • ÁFRICA A TRAVÉS DOS INSTRUMENTOS DE PERCUSIÓN
  • RELATORIO 2 – ANA MARÍA PERNAS VÁZQUEZ, SOCIÓLOGA
    • SAUDADE DO DESERTO: A SOIDADE NA DIÁSPORA SAHARAUÍ EN GALIZA

ACOMPAÑADA NA MESA POR: SOUADOU MOHAMED FADEL, membro da Comunidade Saharauí en Galiza e Profesora de ELE

  • CLAUSURA
  • OFRENDA FLORAL NO MONÓLITO DAS IRMANDADES

  AS EXPOSICIÓNS “AS CORES DO RESPECTO”, DE LE MAGIC MAYIMBA (PABLO DEL VALLE) E “OS ADEUSES”, DE ALBERTO MARTÍ, (CEDIDA POLO CONSELLO DA CULTURA GALEGA), QUE SE INAUGURAN O VENRES 13 DE NOVEMBR, PERMANECERÁN ABERTAS AO PÚBLICO NO HORARIO HABITUAL DA CASA DA CULTURA ATA O DÍA 10 DE DECEMBRO DE 2026.

Velaquí o TRÍPTICO sobre as Xornadas (Descargar PDF)

NOTA INFORMATIVA

NOTA_INFORMATIVA_XORNADAS-2026

Castiñeiro Milenario organiza Avelasbeer, un achegamento ás cervexas belgas

Debido ao éxito inicial da actividade relacionada coa cultura cervexeira e as catas que fixeron durante este verán pasado, desde Castiñeiro Milenario crearon un pequeno clube de cervexa chamado Avelasbeer no que, estacionalmente, irán falando de cervexa, da súa historia, dos estilos e, por suposto, probando as múltiples posibilidades que nos ofrece esta bebida milenaria. Nesta ocasión viaxarán ata Bélxica para coñecer a súa potente cultura da cervexa, declarada no ano 2016 como parte do patrimonio cultural inmaterial da humanidade pola UNESCO. Realizarán un percorrido destacando a súa importancia a nivel mundial, coñecendo os diferentes estilos da rexión e farán unha primeira cata baseada en estilos máis fortes, como as dobres, triples e cuádruples. Ademais haberá unha cata sorpresa dun estilo típico destas datas de outono.

A actividade está prevista para o venres 13 de novembro ás 20 horas no Centro Socio Cultural de Begonte (xunto ao Centro Médico). As prazas son moi limitadas polo que é obrigatorio anotarse no seguinte correo electrónico: castineiromilenario@hotmail.com. O prezo para persoas asociadas é de 12€ e de 15€ para non asociadas.

Máis información na web: https://castinheiromilenario.wordpress.com/2026/11/05/avelasbeer-cata-de-cervexas-belgas-i/

AC Castiñeiro Milenario
Campo de Arriba, 25. Saavedra 27375 Begonte
http://castinheiromilenario.wordpress.com
https://gl-es.facebook.com/castineiro.milenario
https://twitter.com/CastinheiroMile
https://www.flickr.com/photos/castinheiromilenario/
http://festival27373.wordpress.com/

O IESCHA organiza as I Xornadas Micolóxicas polo espazo natural do Monseivane

O Instituto de Estudos Chairegos, organiza ás I XORNADAS MICOLÓXICAS para o DOMINGO 15 DE NOVEMBRO DE 2026. 

A saída está prevista para ese domingo ás 9:00, dende os arredores do Mega Gadis, para dirixirnos ata o espazo natural do MONSEIVANE, onde terá lugar a identificación e recollida das setas acompañados por LUIS CUBA, coñecedor do mundo micolóxico.

https://www.youtube.com/@luiscubaylamicologia1150

Xa de regreso a Vilalba, ás 15:30 terá lugar no ALBERGUE AS PEDREIRAS, o MENÚ DEGUSTACIÓN, cociñado por TITO GONZÁLEZ, e composto por:

Empanada de BOLETUS E NÍSCALOS
Pastel de BOLETUS e NÍSCALOS con mahonesa de setas aromatizada con aceite de trufa branca
Arroz de Níscalos e Boletus
Roscón de Vilalba
Viño tinto Finca Moreiras
Viño branco Viña Costeira
Auga, Cervexas, Café

O prezo que haberá que pagar será de 30€ por persoa.

As/os interesadas/os en participar deberán inscribirse previamente enviando un correo a estudoschairegos@gmail.com, con prazo máximo ata o venres 13 de novembro.

O número de prazas estipulado é de 25, e na medida en que haxa máis inscritos que prazas, tomarase como referencia o rigoroso orde de recepción dos correos, ata chegar a eses 25.

Nota.- Cada participante levará unha cesta e un coitelo ou navalla. Ao final, quen queira poderá levar para a súa casa as setas que recolla.

NOTA-INFORMATIVA-XORNADA-MICOLOXICA

Concerto de MINGUANTE, coa presentación do seu traballo musical PEQUENOS INCENDIOS, na Casa-Museo Manuel María

Este próximo sábado, 7 de novembro, ás 20 horas, estará MINGUANTE na Casa-Museo Manuel María. Veñen presentar, en acústico, o seu último traballo musical, Pequenos Incendios, alén de tocar outras pezas de anteriores traballos.

Miguel Alonso e Óscar Martínez, MINGUANTE, fan música pop de autor en galego.

Velaquí unha ligazón onde se poden algúns dos temas deste último traballo

https://music.youtube.com/playlist?list=OLAK5uy_nQskEizpgFeTJMCJRtOoRUw-84BOfHY2Q

Para asistir ao concerto (billete 5 euros) cómpre reservar en contacto@casamuseomanuelmaria.gal ou a través do whatsapp 698177621.