Debido ao éxito inicial da actividade relacionada coa cultura cervexeira e as catas que fixeron durante este verán pasado, desde Castiñeiro Milenario crearon un pequeno clube de cervexa chamado Avelasbeer no que, estacionalmente, irán falando de cervexa, da súa historia, dos estilos e, por suposto, probando as múltiples posibilidades que nos ofrece esta bebida milenaria. Nesta ocasión viaxarán ata Bélxica para coñecer a súa potente cultura da cervexa, declarada no ano 2016 como parte do patrimonio cultural inmaterial da humanidade pola UNESCO. Realizarán un percorrido destacando a súa importancia a nivel mundial, coñecendo os diferentes estilos da rexión e farán unha primeira cata baseada en estilos máis fortes, como as dobres, triples e cuádruples. Ademais haberá unha cata sorpresa dun estilo típico destas datas de outono.

A actividade está prevista para o venres 13 de novembro ás 20 horas no Centro Socio Cultural de Begonte (xunto ao Centro Médico). As prazas son moi limitadas polo que é obrigatorio anotarse no seguinte correo electrónico: castineiromilenario@hotmail.com. O prezo para persoas asociadas é de 12€ e de 15€ para non asociadas.

Máis información na web: https://castinheiromilenario.wordpress.com/2026/11/05/avelasbeer-cata-de-cervexas-belgas-i/

AC Castiñeiro Milenario
Campo de Arriba, 25. Saavedra 27375 Begonte
http://castinheiromilenario.wordpress.com
https://gl-es.facebook.com/castineiro.milenario
https://twitter.com/CastinheiroMile
https://www.flickr.com/photos/castinheiromilenario/
http://festival27373.wordpress.com/