
A VOZ DO VENTO, CONCERTO DE FRAN AMIL E MONCHO DO ORZÁN
Sábado, 14 de novembro, ás 20 hrs, na Casa-Museo Manuel María
Entrada gratuíta mais é necesario reservar en contacto@casamuseomanuelmaria.gal ou no whatsapp 698177621.
Interpretarán os once poemas de Manuel María que Fran Amil musicalizou en 2016 para o traballo musical A VOZ DO VENTO. Cancións que tocou xunto á Tribo Incomprensíbel (Aarón Bouzón, Paco Cerdeira e Richi Casás) e as voces de Jasper, Paula Romero, Antón Díaz, Xurxo Souto, Belém Tajes, O Leo, Mj Pérez e Xosé Antón Bocixa.Agora, dez anos despois, Fran Amil e Moncho do Orzán pretenden lembrar este traballo e achegar a poesía de Manuel María ao público adulto nun traballo onde se mestura rock, folk, blues e pop.
Podedes escoitar as pezas na seguinte ligazón https://franamil.com/music/a-voz-do-vento/.