
Desde a Asociación Castiñeiro Milenario levaron a cabo da presentación do IX Ciclo de Teatro. Nesta nova edición contarase con dúas representacións do Circuíto de Teatro afeccionado da Vicepresidencia da Deputación de Lugo.
A primeira representación correrá a cargo de Curuxan e a súa obra “Comedia en seis actos”.
A Asociación Cultural Curuxan, de artes escénicas e audiovisuais, con 10 anos cumpridos, pendula entre o teatro de improvisación, a formación audiovisual e a realización de curtametraxes, sendo habituais as súas intervencións no Clavicémbalo de Lugo, en colexios, en centros sociais, no Arde Lucus…
A obra titulada “Comedia en seis actos” e trata de como a vida se divide en actos, ¿como sería unha comedia? ¿pode unha comedia ser tráxica? ou ¿pode a traxedia converterse en comedia? A través de seis actos, nun evento participativo, o público é quen modifica a trama da historia.
Terá lugar o 27 de setembro no local da Asociación Veciñal do Castro a partir das 19:30 e está dirixida a a maiores de 14 anos.
A segunda xornada estará a cargp da compañía Hipócrita Tetaro e a obra “Casting”.
Hipócrita Teatro naceu en Lugo en novembro do ano 2004. Dende a súa creación leva estreadas máis dunha vintena de obras de mediano e gran formato, a maioría de autoría propia, participando ademais en varios espectáculos de rúa, performances, contacontos, radioteatro… nalgúns casos en colaboración con outras entidades con fins culturais ou sociais. Varias das súas obras, entre elas “Casting” recibiron premios á mellor montaxe e á mellor interpretación en varias mostras de teatro amador.
“Casting” é una comedia aceda está protagonizada por figurinos de revista, estereotipos femininos creados pola industria cinematográfica de Hollywood no século pasado, que conseguiron instalarse no inconsciente colectivo de varias xeracións como prototipos de muller. Mirna Lois, unha diva dos anos 50, Norma Lee, actriz de cine erótico, e Úrsula Cimarrón, unha inxenua moza aspirante a actriz, coinciden nun casting. Todas compiten por un único papel. Atrapadas nos seus corpiños estereotipo, chegarán ó límite do ridículo por cumprir coas expectativas do seu rol. Por cal delas se decantará finalmente o despiadado
produtor?
Terá lugar o 8 de novembro da casa da Cultura de Begonte a partir das sete da tarde e está dirixida a público adulto.
Moitas gracias e un saúdo
AC Castiñeiro Milenario
Campo de Arriba, 25. Saavedra 27375 Begonte
http://castinheiromilenario.wordpress.com
https://gl-es.facebook.com/castineiro.milenario
https://twitter.com/CastinheiroMile
https://www.flickr.com/photos/castinheiromilenario/
http://festival27373.wordpress.com/