A oitava edición do WOS Festival x SON Estrella Galicia reactivará Santiago de Compostela cunha extensa programación musical ateigada de estreas a nivel estatal
Catorce premieres de directos e concertos audiovisuais en España e dez iniciativas que se poderán ver por primeira vez en Galicia consolidan WOS Festival no panorama cultural nacional no seu regreso, após un ano de pausa
O interese xerado pola volta do festival provocou que o publico esgotase os abonos e practicamente todas as entradas; unicamente quedan billetes dispoñibles para os concertos da noite do venres 12 na Sala Capitol e para os do sábado 13
Cora Novoa e Víctor Flores moderarán as mesas redondas O son electrónico de Galicia: unha conversa interxeracional, que contará coa participación de artistas, colectivos e axentes clave da escena da electrónica e de vangarda do país
Os produtores galegos Juait e crnds presentarán o Sample Pack que fixeron con Xabier Díaz e ofrecerán un taller co artista no que exporán a aplicación práctica do mesmo nun contexto de produción musical electrónica
As sesións de cinema explorarán o papel do son e da música como eixe central da linguaxe cinematográfica a través da proxección dos filmes Free Party: A Folk Story, 32 sounds; The Diary of a Sky + Where the Language Fails Us
O proxecto Amplificando a memoria contará cun panel de pensamento no que Belén Bermejo, Yago Portela e Xoán-Xil abordarán o papel do Organsound; e ofrecerá sesións de escoita da man dos selectores Philip Sherburne, Nono e Chago
A oitava edición do WOS Festival x SON Estrella Galicia reactivará Santiago de Compostela cunha perspectiva única sobre o son e a cultura contemporánea. Do 11 ao 14 de setembro, dez localizacións emblemáticas da cidade acollerán 29 actividades musicais, das cales 14 serán estreas a nivel estatal, e 11 actividades paralelas que, a través de obradoiros, paneis, proxeccións e instalacións pretenden achegar a música electrónica e avant-garde á cidadanía.
A programación do WOS Festival x SON Estrella Galicia espallarase, nesta oitava edición, por dez espazos emblemáticos de Santiago de Compostela. Ás xa coñecidas Sala Capitol e Fundación Laboral da Construción -que acollerán a programación musical nocturna do venres 12 e sábado 13, respectivamente-, e Teatro Principal -no que se celebrarán os concertos de apertura e clausura-, únense Auditorio Abanca, CGAC, Fundación Eugenio Granell, Igrexa da Universidade, NUMAX, Parque de Bonaval e Sede Afundación.
Estas sedes acollerán unha ampla programación musical da que participarán figuras internacionais de primeiro nivel, que presentarán os seus novos directos por primeira vez en terriorio estatal da man do WOS. É o caso do performer exipcio Abdullah Miniawy (Peacock Dreams), Carrier (Rhythm Immortal, con visuais de Riyo Nemeth), da inglesa aya (presenta hexed! con MFO) da escocesa KAVARI (premiere do novo EP que verá a luz este outono), da londinense Klein (con thirteen sense), dos indonesios KUNTARI (con LAHAR), do vibrafonista xaponés Masayoshi Fujita (Migratory), do angoleño Nazar (Demilitarize), dos norteamericanos Purelink (con Faith), da tríade Saint Abdullah, Eomac & Rebecca Salvadori (coa súa performance audiovisual A Forbidden Distance) e Los Thutanaka, que actúan por primeira vez en Europa; ademais dos concertos audiovisuais de Sara Persico & Mika Oki (Sphaîra), do inglés Rainy Miller (Joseph, What Have You Done?) e do exipcio ZULI (Lambda).
No ámbito galego, as catalás Tarta Relena estrearán o seu último álbum, És Pregunta; ao igual que farán o dúo ucraíno Heinali & Andriana-Yaroslava Saienko, presentando Гільдеґарда, e a norteamericana Niecy Blues con Exit Simulation. Nomes moi destacados a nivel internacional tamén visitarán Santiago de Compostela cos seus novos traballos (é o caso de Beatrice Dillon, Lord Spikheart ou Simo Cell); e tamén será a estrea en Galicia da proposta inmersiva In uno spazio immenso, o primeiro proxecto colaborativo entre Grand River & Abul Mogard e que conta co deseño de luces de MFO (Marcel Weber).
Finalmente, selectores como Batu, CCL, Djrum e Objekt completarán os proxectos internacionais do WOS Festival, unha ampla e diversa escolma -tanto de orixes coma de xéneros- referendada polas principais publicacións da escena, e na que tamén haberá unha representación de artistas do país. É o caso de Carme López (quen abrirá o concerto inaugural no Teatro Principal este xoves 11) e das tres propostas que o público poderá gozar no Parque de Bonaval o sábado 13: Bflecha b2b Mwëslee, Ivy Barkakati b2b Breixo Martínez e Malandrómeda & Caamaño.
Programación paralela de actividades
En paralelo a súa programación musical, WOS Festival x SON Estrella Galicia contará con obradoiros, paneis de discusión, instalacións, sesións de escoita e proxeccións de cinema; unha ambiciosa oferta de iniciativas que o festival lanza para achegar a música electrónica e de vangarda ao público.
A primeira das iniciativas terá lugar tanto o venres 12 coma o sábado 13 no CGAC. Trátase da proposta O son electrónico de Galicia: unha conversa interxeracional, posta en marcha na anterior edición do WOS Festival e que pretende ofrecer unha ollada coral ao presente e pasado recente da electrónica galega. O panel reúne artistas, colectivos, selos e axentes clave coa intención de compartir perspectivas e abrir un espazo de diálogo que fortaleza a memoria e a proxección dunha escena diversa e viva: a galega.
A iniciativa desenvolverase a través de dúas mesas que terán como moderadores a dúas figuras imprescindibles no país: Cora Novoa e Víctor Flores. No primeiro dos paneis (venres 12, ás 16:00h) participarán Certain People, Rea di Mae (Vértebra Clube), VerusK, bb.wav, Pálida e Bflecha; mentres que no segundo (sábado 13, ás 16:00h) estarán Héctor e Nico Iglesias (Yugen Kala), M. Meri (Trix Club), Artur M Puga, Elektrógena e Beta. A entrada será libre ata completar capacidade.
En paralelo, a sala de cinema NUMAX acollerá unha serie de proxeccións nas que se explorará o papel do son e da música como eixe central da linguaxe cinematográfica. Os filmes Free Party: A Folk Story, 32 sounds; The Diary of a Sky + Where The Language Fails Us poderanse ver nas tardes dos días 12, 13 e 14 de setembro; e as entradas están á venda a través da web www.numax.org; aínda que todas as persoas que posúan os abonos Festival Pass e Weekend Pass (xa esgotados) tamén poderán acceder á sala (ata completar capacidade).
Na mañá so sábado 13, os produtores galegos Juait e crnds presentarán no auditorio da Sede Afundación a súa nova creación, Lidinsfarne Sample Pack, da man dun dos músicos implicados no proxecto: Xabier Díaz. Durante este obradoiro (de entrada libre ata completar capacidade), abordaranse algúns dos aspectos máis característicos e identitarios dos principais patróns rítmicos da música tradicional galega.
Da man de Xabier Díaz, o público asistente achegarase á singularidade das xotas e das muiñeiras, mentres que Juait e crnds demostrarán como os sistemas de gravación e procesamento de audio dixital poden analizar estes patróns. O taller pecharase cun exemplo práctico sobre o uso do sample pack e no que, a partir dunha muiñeira, producirán un track para o clubbing.
Amplificando a memoria
Tamén durante a celebración do WOS Festival x SON Estrella Galicia a Sede Afundación acollerá Amplificando a memoria, o proxecto de investigación e creación sonora que combina memoria tecnolóxica, creación artística e participación cidadá a partir da recuperación do altofalante Organsound, deseñado polos irmáns Portela Seijo no ano 1972.
A iniciativa, que propón dar voz, presenza e actualidade ao patrimonio sonoro galego desde unha perspectiva accesible, crítica e interxeracional, contará cunha instalación cuadrafónica de Xoán-Xil López que se poderá visitar todas as tardes, entre 16:00 e 20:00 horas; un panel de pensamento arredor do Organsound, no que participarán Yago Portela, Belén Bermejo e o propio Xoán-Xil, e que terá lugar na xornada inaugural (ás 18.00 horas); e tres sesións de escoita -unha cada día ás 13.00 horas, desde o venres 12 ata o domingo 14- da man de tres recoñecidos selectores: Philip Sherburne, Nono e Chago.
Amplificando a memoria conta co apoio da Deputación Provincial da Coruña a través da Área de Cultura -no marco da convocatoria ‘Fondo de apoio a proxectos singulares de mellora social’-, do Concello de Santiago -a través da Concellería de Mocidade-, así como da Universidade de Santiago de Compostela e d’ Afundación.
WOS Festival x SON Estrella Galicia
WOS Festival x SON Estrella Galicia é o festival referente no ámbito da música electrónica e de vangarda a nivel estatal e festexará a súa oitava edición en Santiago de Compostela do 11 ao 14 de setembro. Ao longo de catro xornadas, o evento promovido pola produtora compostelá WORK ON SUNDAY ofrecerá unha programación coidada, multidisciplinar e de notable calidade artística en dez espazos emblemáticos da cidade.
O evento, recoñecido como Mellor Festival Indoor de Europa 2018 nos European Festival Awards, e que nos Iberian Festival Awards obtivo Mellor Promoción Turistica 2018 e Mellor Festival Indoor Nacional 2023, conta co patrocinio principal de SON Estrella Galicia e co apoio institucional da Xunta de Galicia a través da Axencia Turismo de Galicia -no marco de Concertos do Xacobeo-, Deputación da Coruña, Concello de Santiago de Compostela, Goberno de España a través da INAEM e Acción Cultural Española (AC/E); ademais de Gadis e Fundación Japón, Madrid.
Programación do WOS Festival x SON Estrella Galicia
Xoves 11 18:00h, Sede Afundación | Resonancias do pasado. O Organsound coma ponte acústica (panel de pensamento) 19:00h, Sede Afundación | {O.(4)} por Xoán-Xil López (presentación da instalación) 20:00h, Teatro Principal | Carme López; Tarta Relena
Venres 12 13:00h, Sede Afundación | Chago (Sesión de escoita) 16:00 – 20:00h, Sede Afundación | {O.(4)} por Xoán-Xil López (instalación sonora) 16:00h, CGAC | O son electrónico de Galicia. Unha conversa interxeracional (panel) 16:00h, NUMAX | Free Party. A Folk Story (cinema) 18:30h, Igrexa da Universidade | Abdullah Miniawy 20:15h, Teatro Principal | Sara Persico & Mila Oki present Sphaîra 22:00h, Sala Capitol |Purelink; Rainy Miller presents Joseph, What Have You Done?; Los Thuthanaka; Carrier presents Rhythm Immortal; Djrum
Sábado 13 12:00h, Sede Afundación | Lindisfarne Sample Pack. Juait, crnds & Xabier Díaz (obradoiro) 13:00h, Sede Afundación | Philip Sherburne (sesión de escoita) 13:00h, Parque de Bonaval | Malandrómeda & Caamaño 16:00 – 20:00h, Sede Afundación | {O.(4)} por Xoán-Xil López (instalación sonora) 16:00h, CGAC | O son electrónico de Galicia. Unha conversa interxeracional (panel de discusión) 16:00h, NUMAX | 32 Sounds (cinema) 16:00h, Parque de Bonaval | Bflecha b2b Mwëslee 16:30h, Igrexa da Universidade | Heinali & Andriana-Yaroslava Saienko present Гільдеґарда 18:00h, Parque de Bonaval | Ivy Barkakati b2b Breixo Martínez 18:00 Fundacion Eugenio Granell | Niecy Blues, KUNTARI 18:00h Auditorio Abanca | ZULI presents Lambda; Saint Abdullah, Eomac & Rebecca Salvadori present A Forbidden Distance 22:00h, Fundación Laboral da Construción | Klein, Beatrice Dillon, Lord Spikeheart, Nazar, aya & MFO present hexed!; CCL; KAVARI; Objekt+visuals by MIL111; Simo Cell; Batu
Domingo 14 13:00h, Sede Afundación | Nono (sesión de escoita) 16:00 – 20:00h, Sede Afundación | {O.(4)} por Xoán-Xil López (instalación sonora) 16:00h, NUMAX | The Diary of a sky + Where the Language Fails Us (cinema) 18:30h, Teatro Principal | Masayoshi Fujita, Grand River & Abul Mogard present In uno spazio immenso
“A compositora e cantante Cris Román, comezou a súa andaina musical co grupo de Rock Areavasta. En 2014 decide comezar a súa aventura en solitario e en abril de 2016 siu á luz o disco autoproducido A Cuentagotas.
Profesora da USC, Cris Román, reparte o seu tempo entre a investigación e a docencia e a súa paixón pola música. Unha autora comprometida, con alma de roqueira baixo un antifaz de pop aterciopelado. Acompañada dunha banda de grandes músicos como Alexandre Fontán aos teclados; Fran Alonso ao contrabaixo; Alexis Iglesias na guitarra; e Javier Romo na percusión. Entre as súas cancións pódese atopar un amplo abano de estilos dende blues, swing, country, e música de autor, con cancións en inglés, castelán e galego”.
Entrada de balde. Haberá que facer a correspondente reserva ben na páxina web do Concello, ben na Casa da Cultura de Vilalba
Unha nova edición das Residencias Paraíso 2025, impulsadas polo Colectivo RPM, botou a andar onte en Narón da man do tándem formado polos artistas Rocío Bello e Javier Hernando, que até este xoves 11 afondarán no proceso de traballo de Ensayo no Pazo da Cultura
Unha vez finalizada a súa residencia, os artistas ofrecerá unha mostra aberta do seu traballo en proceso, que terán lugar este xoves, 11 de setembro, contra ás 18.00 horas, no mesmo Pazo da Cultura de Narón, con entrada libre ata completa a capacidade do espazo
Paralelamente, Suevia Rojo e Rocío Bello & Javier Hernando participarán, xunto ao resto de ‘Artistas Paraíso 2025’, nun encontro anual promovido polo Colectivo RPM que terá lugar os días 12, 13 e 14 de setembro na Illa de San Simón
Residencias Paraíso é un proxecto impulsado por RPM que conta co financiamento da Xunta de Galicia, a través da Axencia Galega das Industrias Culturais, e das distintas institucións coprodutoras do programa: Área de Cultura, Turismo e Promoción da Lingua do Concello de Lugo, Concello de Vimianzo, Concello de Carballo, Concello de Corcubión, MIT (Concello de Ribadavia) e Fundación Cidade da Cultura de Galicia
O tándem artístico formado por Rocío Bello & Javier Hernando iniciou este luns 8 a súa Residencia Paraíso 2025 no Pazo da Cultura de Narón. As Residencias Paraíso son un programa anual de residencias artísticas para a danza e as artes vivas pioneiro no noso territorio, promovido polo Colectivo RPM. Así, ata o xoves 11 de setembro, as creadoras traballan en Narón en torno á súa proposta Ensayo, de Rocío Bello & Javier Hernando.
Unha vez finalizada a estadía da súa residencia artística, Rocío Bello & Javier Hernando ofrecerán unha mostra aberta do seus traballos en proceso, que terán lugar no mesmo Pazo da Cultura de Narón, este xoves, 11 de setembro, contra ás 18.00 horas, con entrada de balde ata completar a capacidade do espazo. Paralelamente, o tándem participará, xunto ao resto de ‘Artistas Paraíso 2025’, nun encontro anual promovido polo Colectivo RPM que terá lugar esta mesma fin de semana, os días 12, 13 e 14 de setembro, na Illa de San Simón.
SOBRE O PROXECTO
Ensayo é un proxecto de investigación artística a partir dalgúns xestos humildes que pasaron desapercibidos para a historia e que promoven pequenas formas de resistencia baseadas na infracción, a poesía e a recuperación dos tecidos comunitarios. O proxecto trata de inventar xenealoxías e empurrar outras posibilidades para un tempo por vir. “Queremos utilizar o teatro como campo de probas para poñer en marcha prácticas e pensamentos que nos axuden a fundar outra maneira de relacionarnos co noso pasado e imaxinar algún futuro. Poden as artes vivas poñer en marcha propostas que nos axuden a conquistar o bo vivir? Creemos que, dalgún xeito, si”.
SOBRE AS ARTISTAS
Rocío Bello e Javier Hernando levan facendo cousas xuntos máis de dez anos, tamén con outros artistas. Javier Hernando fundou xunto a Miguel Rojo a compañía Los Bárbaros. Los Bárbaros desenvolveron proxectos como Las explicaciones (Centro de Cultura Contemporánea Conde Duque), Obra infinita (Centro Dramático Nacional) ou Obra imposible (Centro de Cultura Contemporánea Conde Duque), nos que participou Rocío Bello como actriz, dramaturga e deseñadora de vestiario. Rocío Bello colaborou nas últimas pezas da artista Cris Blanco e a súa obra Mi película italiana estreouse no Teatro Español de Madrid baixo a dirección de Salva Bolta. Javier Hernando publicou libros de poesía como Una clase de escritura (La Uña Rota, 2025).
MÁIS INFORMACIÓN SOBRE AS RESIDENCIAS PARAÍSO
Residencias Paraíso é un programa de residencias artísticas deseñado e coordinado por Colectivo RPM co apoio de numerosas institucións, en activo desde o ano 2017. A través dunha convocatoria anual, acompáñanse distintos proxectos en residencia de artistas galegas, estatais e portuguesas vinculadas á danza e as artes vivas en colaboración con distintos espazos de Galicia. Estes espazos acollen aos artistas en residencias de investigación, creación e técnicas.
A convocatoria anual das Residencias Paraíso publícase a comezos de ano e deixa aproximadamente un mes para a recepción de propostas. Está aberta a artistas galegas, estatais e portuguesas. As artistas seleccionadas na convocatoria realizan unha residencia de entre dúas e tres semanas no espazo de acollida e reciben unha dotación económica de entre 1.500 e 3.000 €, segundo as necesidades do proxecto. Paralelamente, en diálogo coas artistas, deséñase unha programación expandida específica para acompañar cada unha das residencias. Este concepto de programación expandida fai referencia aos desbordamentos naturais de cada proceso de creación cara á comunidade. Nalgúns casos, actívanse mostras abertas dos procesos, prácticas de corpo, grupos de traballo, laboratorios de creación, conferencias, etc.
Os proxectos seleccionados poden estar en distintas fases, é dicir, pódese participar cun proxecto de investigación, un proxecto de creación ou para realizar unha residencia técnica. Cada ano, no mes de setembro, organízase un encontro coas e cos artistas Paraíso da edición en curso na Illa de San Simón. Este encontro é unha convivencia de tres días, un espazo compartido entre artistas Paraíso, socias-amigas de Colectivo RPM, persoas vinculadas á rede de espazos colaboradores e profesionais independentes. Colectivo RPM documenta en vídeo cada un dos proxectos, xerando un arquivo histórico que se amplía ano tras ano.
Ao longo da súa historia, nas Residencias Paraíso participaron artistas e colectivos como Brigitte Vasallo, Clara Pampyn, Luísa Saraiva, Fernando Epelde, Marcia Vázquez, Natalia Fernandes, Hermanas Gestring, Diego Anido, Compañía Elahood, Andrea Quintana, Alejandra Balboa, María Roja, Laila Tafur, Furia Sotelo ou Sergio Marey, entre moitas outras.
Residencias Paraíso é un proxecto de Colectivo RPM en colaboración coa Xunta de Galicia, a través da Axencia Galega de Industrias Culturais. Está coproducido pola Área de Cultura, Turismo e Promoción da Lingua do Concello de Lugo, o Concello de Vimianzo, o Concello de Carballo, Concello de Corcubión, a MIT (Concello de Ribadavia) e a Fundación Cidade da Cultura de Galicia. E conta cola colaboración do Centro Dramático Galego, O Vello Cárcere de Lugo, o FIOT – Festival Internacional Outono de Teatro de Carballo, o Pazo da Cultura de Narón e o Padroado da Cultura do Concello de Narón.
SOBRE O COLECTIVO RPM
Colectivo RPM é un colectivo de artistas vencellados á danza e ás artes vivas que imaxina, deseña e acompaña proxectos contextuais desde Galicia. Mantén un claro compromiso polo diálogo interinstitucional e co impulso de iniciativas ao redor da creación contemporánea, a investigación e a visibilidade da comunidade artística da danza e as artes vivas. Ademais do acompañamento de artistas e procesos, o colectivo tamén xera diálogos e accións coas comunidades locais para achegar a práctica artística á cidadanía.
Dentro das liñas de acción do Colectivo RPM destaca o programa Residencias Paraíso -construído cunha rede de teatros e espazos cómplices en Galicia- que lanza unha convocatoria anual para acoller en residencia a distintos artistas ao longo do ano, despregando unha serie de programacións expandidas abertas ao público. Este programa esténdese fóra de Galicia na liña Cruceiros Paraíso que posibilita abrir liñas de colaboración con outros espazos estatais e internacionais.
O proxecto de intercambio cultural a través das artes escénicas celebrarase simultaneamente do 12 de setembro ao 26 de outubro en Galicia, Asturias, Cantabria, Euskadi, Navarra e A Rioxa
Arzúa, Carballo, Foz, Negreira, Lugo, Outes, Ribadeo, Santiago de Compostela, Vilalba e Vimianzo acollerán as 10 funcións de teatro, circo e danza que presentarán as compañías La Roca Producciones e Zigzag Danza (Asturias), El Tejo Producciones (Cantabria), NiMú (Euskadi), Led Silhouette (Navarra) e El Perro Azul (A Rioxa)
A sétima edición do proxecto de intercambio cultural Camiño Escena Norte achegará dez espectaculos de danza, teatro e circo a outras tantas localidades de Galicia. A programación, que decorrerá do 12 de setembro ao 26 de outubro e que conta co apoio da Xunta de Galicia a través da Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic), presentará pezas para públicos de todas as idades de compañías orixinarias de Asturias, Cantabria, Euskadi, Navarra e A Rioxa, territorio que se incorpora á iniciativa neste 2025.
A programación, dada a coñecer esta mañá na Praza do Obradoiro, presentará un total de dez funcións en Arzúa, Carballo, Foz, Lugo, Outes, Ribadeo, Santiago de Compostela, Vilalba, Vimianzo e Negreira, que se estrea como sede do programa. Baixo o lema Sementar, coidar, xermolar, a sétima edición de CEN achegará até distintos escenarios e públicos os traballos de compañías que forman parte deste programa de intercambio, no que Galicia tamén exportará o seu talento aos demais territorios a través de Pérez & Fernández, Grupo Chévere e Paula Quintas Cía., quen representou esta mañá un anaco do seu Multiperspectivas#3.
Así, Camiño Escena Norte levará un total de 18 espectáculos polas 60 sedes que formarán parte do seu itinerario de exhibicion, nomeado Constelacións. Trátase dunha programación itinerante de artes escénicas de corte xeralista na que prevalece a diversidade de linguaxes, estéticas e formatos, tanto para público infantil e adolescente coma adulto; producións de teatro de texto, novo circo, danza e artes do movemento, creacion contemporánea, espectáculos didácticos e experiencias site-specific. No caso de Galicia, os seus escenarios contarán coa visita de seis compañias: La Roca Producciones e Zigzag Danza (Asturias), El Tejo Producciones (Cantabria), NiMú (Euskadi), Led Silhouette (Navarra) e El Perro Azul (A Rioxa).
Este Itinerario Constelacións comezará, como é habitual, na cidade de Santiago de Compostela. A primeira cita será o venres 12 de setembro na Praza da Quintana e chegará da man de Pausa, unha proposta circense para todos os públicos da compañía vasca NiMú, e que se volverá representar o 26 de setembro en Carballo, no marco do FIOT; festival co cal CEN desenvolve unha estreita colaboración desde hai anos a través do proxecto Vieiros (para a promoción de eventos escénicos fóra do seu territorio).
A partir do vindeiro día día 12, as compañías xirarán polas provincias da Coruña e Lugo. É así como a rioxana El perro azul visitará Foz e Negreira -nova sede deste ano- co seu Globe Story (teatro para todos os públicos), a cántabra El Tejo Producciones presentará El jardín de las posibilidades en Vimianzo (público adulto), os navarros Led Silhouette bailarán Halley en Lugo ou mesmo a asturiana Zig Zag Danza dará a coñecer Postales Rotas en Ribadeo. De Asturias tamén chega Zozobra, unha coprodución teatral de La Roca Producciones e Acar Teatro del Mundo, dirixida a público adolescente e adulto, que se poderá ver en Arzúa, Vilalba e Outes.
CAMIÑO EXPANDIDO
Xunto ao Itinerario Constelacións convive o programa Camiño Expandido, que abrangue toda a actividade fóra do circuíto de funcións. Unha das novidades deste ano é FOCOS, que se estrea en Cantabria, e que conterá un coidado programa de actividades, desde accións de promoción do sector escénico cántabro até o Encontro Habitación Peregrina PRO -o encontro profesional que se desenvolveu en Lugo desde 2020 e que, desde este 2025, pasa a ser itinerante-, que terá lugar no Palacio de Festivais de Cantabria do 16 ao 18 de setembro.
Na sétima edición percórrense tamén máis Vieiros, a iniciativa enmarcada no Camiño Expandido e que une ao CEN con distintos proxectos culturais dos territorios co obxectivo de dar forza e contexto ao programa, ademais de proxectar fóra da comunidade os proxectos locais. Nesta ocasión, traballarase co Festival Internacional Outono de Teatro de Carballo (FIOT); Rincones y Recovecos e Danza Xixón (Asturias); o programa Movimiento en Red Cantabria; Bideart Zigoitia (Euskadi), e Festival Mute e o Festival Iberoamericano de Teatro da Rioxa (FITLO), ambos na Rioxa.
No 2025 mantéñense actividades como talleres, coloquios e encontros co público. A iniciativa Mirando as constelacións -mapeo das sedes nas que haberá actividade de CEN- e o Catálogo de Espectáculos Recomendados Camiño Escena Norte -selección de 36 producións (seis por comunidade) que serve de promoción e apoio para a distribución fóra do ámbito do proxecto- redondean a oferta de CEN en 2025.
CAMIÑO ESCENA NORTE
Camiño Escena Norte nace no 2019 co obxectivo de promover o intercambio cultural a través das artes escénicas, tomando como fío condutor os roteiros históricos do Camiño de Santiago do norte da Península Ibérica. Ao longo destes sete anos, Camiño Escena Norte levou o teatro, a danza e artes do movemento e o novo circo a escenarios afastados dos circuítos habituais en Galicia, Asturias, Cantabria, Euskadi e Navarra. Desde este 2025, tamén chegará a un novo territorio: A Rioxa.
CEN é unha iniciativa promovida polas asociacións profesionais de produtoras de artes escénicas ESCENA GALEGA (Galicia), ESCENASTURIAS (Asturias), ACEPAE (Cantabria), ESKENA (Euskadi), ESNA (Navarra) e AESCENA (A Rioxa). Todas elas, unidas, conforman a supraentidade Camiño Escena Norte Agrupación de Interese Económico, creada especificamente para o desenvolvemento, xestión e produción do proxecto.
CEN conta co apoio económico de gobernos e institucións das seis comunidades implicadas: Xunta de Galicia, a través da Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic); Goberno do Principado de Asturias; Goberno de Cantabria; Goberno Vasco; Deputación Foral de Araba, Deputación Foral de Bizkaia; Deputación Foral de Gipuzkoa; Goberno de Navarra, Gobierno de La Rioja e Ministerio de Cultura. Colabora tamén a Deputación Provincial de Lugo e Vegalsa-Eroski mantense como patrocinador oficial; nun ano no que se incorpora Deleite. Ademais, CEN onta nesta edición coa colaboración especial da Asociación Te Veo de Artes Escénicas para la Infancia y la Juventud.
PROGRAMACIÓN CAMIÑO ESCENA NORTE EN GALICIA 2025
12.09, ás 19.00h | Santiago de Compostela Praza da Quintana (en caso de choiva, Casa das Máquinas) Pausa, de niMú (Euskadi) Circo. Todos os públicos. Entrada libre ata completar capacidade.
13.09, ás 20.00h | Foz Praza Conde de Fontao (en caso de choiva, Sala Bahía) Globe Story, de El perro azul (A Rioxa) Teatro. Todos os públicos. Entrada libre ata completar capacidade.
19.09, ás 20.00h | Arzúa Xardín Casa de Correos (en caso de choiva, Capela da Madanela) Zozobra, de La Roca Producciones – Acar Teatro del Mundo (Asturias) Teatro. Público adulto e adolescente. Entrada libre ata completar capacidade.
21.09, ás 20.00h | Vilalba Auditorio Municipal Carmen Estevez Zozobra, de La Roca Producciones – Acar Teatro del Mundo (Asturias) Teatro. Público adulto e adolescente. Entrada libre ata completar capacidade.
26.09, ás 18.00h | Carballo Praza Cruz Vermella (en caso de choiva, Mercado Municipal) Pausa, de niMú (Euskadi) – Actuación enmarcada no programa VIEIROS Circo. Todos os públicos. Venda de entradas na web do FIOT www.fiot.gal (5€)
02.10, ás 20.00h | Lugo Auditorio Municipal Gustavo Freire Halley, de Led Silhouette (Navarra) Danza. Todos os públicos. Venda de entradas: www.entradaslugo.es
17.10, 20.30h | Negreira Auditorio Municipal Afonso Eanes de Cotón Globe Story, de El perro azul (A Rioxa) Teatro. Todos os públicos. Venda de entradas: www.woutick.es (3€)
19.10, ás 20.00h | Outes Auditorio Casa da Cultura Zozobra, de La Roca Producciones – Acar Teatro del Mundo (Asturias) Teatro. Público adulto e adolescente. Venda de entradas: www.bandoticket.com (5€ *) *Bono para todas as actividades do trimestre a prezo reducido (30% sobre o total)
25.10, ás 20.30h | Vimianzo Auditorio Municipal. El jardín de las posibilidades, de El Tejo Producciones (Cantabria) Teatro. Público adulto. Venda de entradas en www.woutick.es (5€ / reducido: 2,5€)
26.10, 20.00h | Ribadeo Auditorio Municipal Hernán Naval Postales rotas, de Zig Zag Danza (Asturias) Danza. Todos os públicos. Venda de entradas: desde 30 minutos antes da función na billeteira do auditorio (3€)
Non vou negar a miña afección polas novelas de vaqueiros na época de estudante de bacharelato na cidade das murallas. Máis ca un simple entretemento — motivo polo que as lía— foron o caldo de cultivo da miña posterior lectura, que non sei se definir como compulsiva ou convulsiva.
Antes de interesarme polos pistoleiros, pola dura vida na fronteira de Texas ou polos buscadores de ouro de Dakota do Sur, as miñas lecturas estiveran marcadas por Verne, Stevenson ou Enyd Blyton. Mais ao chegar a Lugo estes autores deron paso a Estefanía, e Kane, entre outros. As noveliñas do oeste eran as máis accesibles para o meu peto e tamén para os dos meus colegas de lectura, cos que, naturalmente, intercambiaba as xa lidas. Así evitabamos ter que ir ao kiosko habitual cambialas por unha ou dúas pesetas e, no seu canto, podíamos destinar ese diñeiro aforrado para mercar algún Celta curto, que vendían soltos e, con algo de sorte, incluso algún Ducados.
As rapazas, pola súa banda, seguían un ritual semellante coas novelas gráficas da escritora de Viavelez, Corín Tellado; historias de amor e celos que circulaban con igual intensidade entre as manas das lectoras. Moitas veces me ten tentado o demo mercar algunha, pero dábame vergoña. Que dirían os meus amigos? Naquela época no que o xénero marcaba tanto a nosa vida, era de ousados, un mozo ler unha novela de Tellado ou viceversa, unha moza ler a Estefanía. Acababas sendo sinalado como marica ou marimacho.
A lectura deste tipo de literatura, se así lle podemos chamar, duraría un par de anos, sempre alternada coas lecturas obrigatorias ou aconselladas por parte da profesora de Literatura. Lecturas que te engachan como pode suceder coa droga ou o alcohol e que algúns non foron quen de superar ata que Deus ou o demo —vai ti saber—os veu veu chamar.Tal era o caso de Venancio, un veciño meu. Un caso, podería afirmar, malia non ser psiquiatra, clínico. Cando eu estaba na idade da puberdade el xa era maior, polo menos pasaba do corenta, desde o meu punto de vista de púbere, un ancián.
Venancio sempre ía provisto, como mínimo de dúas novelas asomando nos petos da súa chaqueta ou gabán. Un pouco a imitación do gran escritor de Lugo, Ánxel Fole, que a cotiá levaba a metade do diario “El Progreso”, fóra do peto. Un amigo meu de Oviedo, gran admirador do poeta e cuentista Fole, sempre que falabamos del, lembrábame esa comunión entre o diario de Lugo e o escritor, que por outra parte era articulista do mesmo.
Venancio, amigo da familia, tenme convidado moitas veces á sua casa para presumir de biblioteca. Unha biblioteca única e exclusivamente formada por este tipo de novelas, coa excepción de “El Quijote” e “Los Miserables”. Estefanía, Keith Luger, Silver Kane…, ateigaban os andeis daquel peculiar santuario de letras, arca do saber ou xardín de libros. Calquera desas definicións nos podería valer para describir aquel cuarto con cheiro a humidade, tinta e madeira vella.
Co paso dos anos as historias foron calando tanto na súa alma que comezou a falar e a actuar como un personaxe máis dos seus amados autores. Tan pronto era un forasteiro acabado de chegar a un saloon de Dodge City: —Esta vila está chea de tramposos e buscavidas —berraba ao entrar no café de Vicente e pedir un whisky, que viña a ser unha cervexa San Miguel rebaixada con gaseosa “El Castillo”; gaseosa elaborada na vila, mesturando auga cunha especie de pós na fábrica de Emilio Pol. —A vida é dura na fronteira, amiga —soltaba cando, sentado nunha cadeira tomaba un viño mentres no televisor botaban “El Virginiano”, un ama de casa entraba na tenda de Hortensio mercar garavanzos ou bacallau e se queixaba do prezo. E así, para cada situación sempre tiña algo que dicir.
Aínda se segue a falar hoxe na vila daquela mañá de domingo de feira cando un labrego rifaba cun tratante por un trato de gando e apareceu el co seu elegante gabán. —Aquí só hai unha maneira de resolver isto, un duelo. Eu podo ser unha testemuña, a outra, coida que D. Manuel, o cura, pode ser a persoa máis axeitada. De paso aproveita para suministrar o derradeiro mandamento ao que teña a mala fortuna de caer con honor. Os feirantes miráronse, mirárono, e botáronse a rir. Pero el non ría. Levou a man ao bolso do gabán e sacou… “Leyes de plomo” de Marcial Lafuente Estefanía. —Aquí está a lei do Oeste. A ver se vos instruídes algo. Así saberedes como se resolve unha disputa entre homes de honra.
Venancio, que por certo nunca deu un pau á auga, seguiu no seu mundo de cabalos, pistoleiros e foraxidos. Nunca pisou Kansas nin Texas, pero no seu corazón ata a súa morte, ocorrida pouco antes de rematar o século pasado, seguiu a ser o último cowboy de Castroverde.