O IESCHA presenta o libro “Conversas arredor de Xorima”, de Paulo Naseiro, no Auditorio Municipal de Vilalba

O sábado 19 de marzo de 2022, ás 20:00, no Auditorio Municipal de Vilalba.o acto de presentación do libro de Paulo Naseiro “Conversas arredor de Xorima”, obra editada no ano 2020 polo IESCHA, coa colaboración da Área de Cultura-Vicepresidencia da Deputación de Lugo
O acto contará tamén coa actuación do propio grupo Xorima.

Andanzas do Suso de Lameliña. OEUVRES COMPLÈTES DE RIMBAUD

Andanzas do Suso de Lameliña

Suso de Lameliña

OEUVRES COMPLÈTES DE RIMBAUD

Na miña época de estudante en Lugo, a Biblioteca atopábase nos baixos da Deputación. A min realmente só me interesaba para pedir libros, ou rara vez para quedar con algún compañeiro co fin de facer algún traballo en equipo. A estudar ou realizar tarefas non adoitaba ir, custábame moito concentrarme e o normal era que acabase lendo o libro que viña de pedir prestado e, dese xeito, atrasar o traballo do día seguinte.

Mais, cando non tiña ningunha tarefa nin exames á vista, despois de entregar o libro e de recoller un novo, ía para a sala de lectura, sacaba uns apuntes calquera e facía que estudaba. A intención era agardar a que aparecese algunha moza para tentar cortexar con ela. Xamais sucedeu tal cousa, xamais, agás un pequeno amago unha tarde de finais de maio, non se me esquece.

Cheguei, fixen o troco habitual de libros e funme sentar xusto enfronte dunha rapaza moi concentrada na lectura dun libro. Saquei apuntes e comecei a escribir o que se me ocorría nun folio, mentres de esguello ollaba para a moza. De alí a un bocado, escoitei unha especie de murmurio. Era ela, que declamaba:

Comme je descendais des Fleuves impassibles,

Je ne me sentis plus guidé par les haleurs:

Des Peaux-Rouges criards les avaient pris pour cibles,

Les ayant cloués nus aux poteaux de couleurs…

–De quen é? –pregunteille.

–Non coñeces a Rimbaud?

–Si, pero nunca lin nada del.

Amosoume o libro: “Oeuvres complètes”. Arthur Rimbaud. Gallimard. 1972. Pregunteille onde o comprara e díxome que na libraría Alonso.Tomei nota do mesmo, e seguimos falando de poesía e das nosas preferencias literarias. Pasado un bo cacho, animeime e inviteina a tomar un café.

–Si, coma non. Imos ao Monterrei, se che parece ben —contestou ao momento.

O Monterrei era unha das cafeterías, na rúa das Docerías, a carón do restaurante ” La Coruñesa”, á que adoitabamos ir os estudantes. Para alí marchamos e despois de pedir uns cafés continuamos coa conversa, ata que ao cabo dunha media hora, aparece un mozo, dálle un bico e sentándose a seu carón, dille:

–Isabel, non quedamos en vernos na Biblioteca?

–Si, pero atopeime con este amigo –contestoulle, dirixindo a mirada cara a min– e aquí nos viñemos. Sabía que ti xa te darías conta que ía estar no noso lugar habitual.

Calou a boca e pediu un café. Empecei a encontrarme mal, sabía que  non pintaba nada alí, así que pasados uns minutos, escuseime e deixeinos, dirixíndome directo cara a Praza do Campo. Entrei na Alonso e pedín o libro. Non o tiñan, pero comprometéronse a que en nove ou dez días o terían, como así foi.

A Isabel volvina ver nos días seguintes varias veces pola rúa abrazada a aquel rapaz. Nunca nos saudamos, facíamos coma se non nos coñecésemos. O curso estaba a piques de rematar e ao ano seguinte non volvemos coincidir. O amor de Isabel non o conseguín, pero si o do poeta de Charleville. Grazas ao encontro daquela tarde de maio, comezou a miña admiración polo autor de “Le bateau ivre”.

HENKO. A mirada de Miguel Díaz

HENKO

Miguel Díaz

Título: CREBADURA

Miguel Díaz, CREBADURA

A nudez. Toda a, noutrora, posible.

Tremente na entrega. Na dación.

Proba e erro. Aprendizaxe baldía.

A nudez. Case absoluta.

Desfacerse das armas.

Espirse. Da coiraza.

Corazón sen coiraza.

A realidade. Que nega.

A verdade. Silenciada.

Sentir na epiderme a xeada.

Sentir na medula a barbarie.

Trazar no caos

unha utopía

e aniquilarse.

Concerto de ZOELAS este sábado na Casa-Museo Manuel María

Este sábado, día 12 de marzo, ás 20 horas, a formación orixinaria de Antas de Ulla, Zoelas, estará interpretando, na Casa-Museo Manuel María, pezas do seu traballo Evelaités, así como as súas últimas e recentes composicións.

Zoelas é un proxecto musical en que se mesturan as raíces do canto tradicional con melodías de variados estilos musicais e letras propias que conviven con coplas recollidas. Canto coral feminino con Bea García, Érica García, María Bouzas, Pilar Naveira e Patricia Coucheiro acompañadas de Michel Rivadulla (guitarra), Miguel Varela (percusión) e Bruno Villamor (requinta, zanfona e gaita).

Para asistir ao concerto é necesario reservar previamente o billete (5 euros) no enderezo electrónico

contacto@casamuseomanuelmaria.gal ou a través do whatsapp 698177621.