Velaquí o cartaz e nota informando da proxección da película TRINTA LUMES da directora galega DIANA TOUCEDO, nun acto organizado polo IESCHA coa colaboración do CONCELLO DE VILALBA, e que terá lugar o vindeiro VENRES, DÍA 15 DE MARZO, ÁS 20:30 HORAS, NO AUDITORIO MUNICIPAL, con entrada de balde.
A XX Edición da Mostra de Teatro de Vilalba celebrarase os días 7, 10 e 16 de marzo. Todas as obras terán lugar no seu marco habitual, no Auditorio Municipal Carmen Estévez de Vilalba, con entrada de balde e son aptas para todos os públicos.
Xoves 7, “Divinas Palabras” a cargo da Escola Mucicipal de teatro de
Vilalba ás 21:00h.
Domingo 10, “Unha noite de Primabvera sen sono” a cargo da Escola Municipal de teatro de
Castro de Rei ás 19:00h.
Sábado 16, “Noite de Reis” a cargo da Escola Mucicipal de teatro de A Pontenova ás 19:00h.
*Información facilitada pola área de Cultura do Concello de Vilalba.
O sábado 16 de marzo de 2019 celebrarase en Monterroso a IV Feira do Disco e Libro Galego. En horario de 10:30 a 21:30 horas, baixo a organización do colectivo 25 Xastres, o local monterrosino de A Cúpula acollerá distintas actividades relacionadas co mundo do disco e do libro galego. Un concepto que une dous elementos fundamentais da difusión cultural, nun mesmo espazo co galego como lingua vehicular. Stands para ollar, imaxinar e desfrutar, e a posibilidade de presenciar música en directo, presentacións literarias e actividades, en espazos integrados na feira.
Voces literarias coma Carlos Meixide, Adolfina Mesa, Ana Vila Portomeñe, Toño Núñez, Yolanda Castaño, Xosé Duncán, Diego Giráldez e outras traerán as súas últimas creacións para presentalas e/ou asinar exemplares das mesmas.
Ao seu carón empresas dedicadas ao eido da edición ou colectivos centrados en actividades vinculadas coa promoción cultural.
Na seguinte galería de imaxes poderase comprobar o programa que se desenvolverá ao longo do día no horario xa mencionado arriba.
A web Galicia Encantada celebra o 14º aniversario na Rede este 5 de marzo
Galicia Encantada, a web da Fantasía Popular de Galicia, celebra o 14º aniversario na Rede este 5 de marzo de 2019.
Galicia Encantada, a web da Fantasía Popular de Galicia, naceu para internet o 5 de marzo de 2005. Desde entón, baixo o coidado do seu creador, coordinador e responsable de contidos, Antonio Reigosa, atesoura máis de 2000 arquivos/documentos que se foron subindo e milleiros tamén os visitantes que recibe ano tras ano.
Mantense a regularidade na incorporación de novidades.
Recoñecementos/Premios
Premio de Cultura Tradicional ‘María Castaña’ (2006)
Premio Irmandade do Libro (2013)
Homenaxe Festival Atlántica (2015)
Finalista na Gala do Libro ( 2018), modalidade Proxecto Literario na Rede.
Publicación conmemorativa 10ª aniversario
Galicia Encantada. O país das mil e unha fantasías (Xerais, 2014), con prólogo de Xabier DoCampo e ilustracións de Noemí López.
Sobre a web Galicia Encantada
Artigos publicados en revistas como Murguía e Culturas Populares, e en monográficos como Palabra viva, Cultura tradicional e desenvolvemento rural.
Seccións/categorías
Os arquivos orgánizanse en 33 seccións ou categorías temáticas que van alfabeticaqmente desde o Alén, coas súas lendas, pasando polas relacionadas con todos os seres da nosa mitoloxía popular (encantos, tesouros…) e os lugares e toponimia asociada á literatura popular tradicional.
Documentación
Inclúe, entre outros apartados, “Aulas da memoria” con traballos escolares, “Biblioteca”, con varias publicacións en PDF, e “Didáctica da Fantasía” con diversas propostas.
Outras sección:
Novas, Contacto, Buscador, Mapa (localizador de lugares con lenda).
Revista (ISSN 1887-2859)
Publicados 115 artigos do maís variados temas, a maioría sobre o patrimonio inmaterial galego pero tamén referidos a Portugal, león e Asturias.
Iconografía
As ilustracións, tanto a imaxe de cabeceira como as que encabezan as diferentes sección ou categorías son da autoría da ilustradora lucense Noemí López.
Estadísticas: Google Analytics ano 2018
Páxinas vistas: 341.759, con 4,87 páxinas por sesión e 3:43 minutos de media.
Visitas desde máis de 100 países e 319 localidades españolas, sendo A Coruña a primeira e Madrid a segunda en número de visitas.
71% de visitas dende Google, 18% directo, 7% redes sociales e 4% dende outras webs.
O vindeiro venres, 15 de marzo, a partir das 20 horas, no salón de actos da Casa da Cultura de Vilalba celebrarase a presentación do libro DINAMITADAS. EL DESPERTAR DE LA IRONÍA, de Ticiana Ghiglione Darriba. Este acto organizado por Culturalia GZ, en colaboración co Concello de Vilalba, contará coa participación da escritora Ana Mar Fraga Rábade, da artista multidisciplinar Luz Darriba, de Martiño Maseda, Administrador de Culturalia GZ e da propia autora do libro.