por martinho | Mar 5, 2022 | Autores/as, Creación, Literaria, Novas, Xeral
O vindeiro xoves 10 de marzo de 2022, ás 20:00 horas, na Casa da Cultura de Vilalba, terá lugar a presentación do libro de ANTÓN MEILÁN, Dona Constanza de Castro toma a fortaleza de Vilaxoán. Loita, resistencia e morte, nun acto organizado polo IESCHA, coa colaboración da Vicepresidencia-Área de Cultura da Deputación de Lugo (entidade editora) e o Concello de Vilalba.
Intervirán no mesmo: Marisa Barreiro, presidenta do IESCHA, Chema Felpeto, membro da Xunta Directiva do Iescha, e o propio autor do libro, Antón Meilán.
Velaquí a nota informativa da actividade cultural.
por martinho | Feb 28, 2022 | Autores/as, Creación, Literaria, Novas, Xeral
Este sábado, 5 de marzo, ás 19 horas, na Casa-Museo Manuel María, o escritor, crítico literario e historiador da literatura galega, Francisco Rodríguez, presenta a súa obra Unha etapa estelar e conflitiva de Galiza (a segunda metade do século XIV), concretamente o Tomo I, que vén de saír do prelo, que leva por título “A relevancia do reino galego medieval”. Un libro que non deixará indiferente a ninguén.
A contracapa do libro salienta o seguinte:
Este libro sobre a etapa medieval de normalidade e esplendor do reino de Galiza e a crise da segunda metade do século XIV responde a un afán por combater a ignorancia colectiva sobre o noso pasado medieval e as deformacións e ocultacións sobre el. É, en certa maneira, un traballo a favor da saúde mental colectiva da sociedade galega. Xurdiu da necesidade de colaborar a un coñecemento sobre a nosa historia, entre os séculos VIII e XIV, radicalmente confrontado coa ocultación e terxiversación do oficial dominante. É, pois, unha visión crítica do estado da cuestión e unha proclama a favor de descubrir o oculto ou manipulado. O autor faino, analizando, debatendo e tirando conclusións, desde a historiografía oficial e académica e desde as fontes documentais existentes. Tamén desde a importante, malia ser considerada con frecuencia, historiografía que se ten esforzado xa desde o século XIX, por combater a manipulación que levou a ignorar a existencia relevante do reino de Galiza e a eliminarnos como realidade política específica na Península, para así mellor construír unha visión histórica ao servizo do castelanismo, primeiro, e do españolismo, despois.
Este Tomo I céntrase en evidenciar esa relevancia incuestionábel, para logo (Tomo II) entrar na análise dun momento estelar e conflitivo, segunda metade do século XIV, cuxo desenlace tivo transcendencia para o noso futuro.
Para asistir a esta actividade, é necesario inscribirse en contacto@casamuseomanuelmaria.gal ou no whatsapp 698177621.
por martinho | Feb 16, 2022 | Autores/as, Novas, Xeral
Este sábado, día 19 de febreiro, ás 17 hrs, Chuches Amil ofrecerá na Casa-Museo Manuel María un concerto de música festeira e bailadeira para brincar e pasalo moi ben para todas aquelas nenas e nenos (maiores de 3 anos), así como as súas familias, que se acheguen.
Chuches Amil é o proxecto musical que protagoniza Fran Amil desde o 2015 e que contacon dous traballos dirixidos para o público familiar, Un conto ao Revés e Monstros, con ou sen consentimento.
É necesario reservar en contacto@casamuseomanuelmaria.gal ou a través do whatsapp 698177621 (billete 2 euros).
por martinho | Feb 8, 2022 | Autores/as, Novas, Xeral
Durante o mes de febreiro celebraranse en Vilalba unhas Xornadas Rosalianas, unha serie de actos musicais, divulgativos, poéticos e teatrais ao redor da figura de Rosalía De Castro, organizadas polo Concello de Vilalba, a Nova Poesía Guitírica (NPG) e o Instituto de Estudos Chairegos (IESCHA).
*Información facilitada polo IESCHA
por martinho | Feb 8, 2022 | Autores/as, Creación, Novas, Outras Artes, Xeral
BRAVAS, con Isabel Risco, este sábado 12 de febreiro, ás 20 hrs, na Casa-Museo Manuel María
Isabel Risco protagoniza Bravas, o seu segundo espectáculo unipersoal, en que nos ofrece a súa particular visión da historia das mulleres galegas. Unha historia sempre roubada, agochada e invisibilizada.
Bravas é unha produción teatral sobre mulleres sen medo, mulleres que forman parte dun valeroso clan, o clan que elas mesmas paren, amamantan, manteñen, constrúen cos alicerces da rebeldía, da rebelión, da ilusión, do inconformismo, da valentía, da xustiza social, da empatía, da humanidade.
Isabel Risco proponnos un xogo desde o teatro cómico e comprometido. Alegre e combativa, porque entende que se non podemos bailar, se non é divertíndonos, tampouco é a nosa revolución. Así, con este espectáculo pretende ademais reivindicar o humor das mulleres, que ofrece unha perspectiva única, plural, diversa, poliédrica e tan necesaria da realidade.
Bravas fai un repaso histórico pola nosa era, desde a época castrexa até o século XXIII. Unha viaxe no tempo con paradas en diversas estacións, reparando nas pequenas e grandes historias protagonizadas polas nosas mulleres. Isabel Risco ponse na pel dunha muller do rural galego de finais do século XXVII, dunha muller en loita en plena revolución industrial, dunha rapaza que descobre o mundo nos anos 60,… Mulleres do noso pasado, do noso presente e, tamén, do noso futuro. E todo isto pasado polo filtro, sempre aloucado, sempre cómico, sempre sorprendente desta actriz sen igual.
O espectáculo está dirixido por Fran Rei e foi premiado co III Premio Luísa Villalta da Deputación da Coruña.
Billetes: 5 euros.
Cómpre reservar en contacto@casamuseomanuelmaria.gal ou a través do whatsapp 698177621.
*Información facilitada pola Casa-Museo Manuel María
por martinho | Feb 1, 2022 | Autores/as, Creación, Literaria, Novas, Outras Artes, Xeral
O sábado, 5 de febreiro, Luís Caruncho estará, ás 20 horas, na Casa-Museo Manuel María para presentar o seu traballo musical “Poemas no peito”. Trátase dunha escolma poética que vai desde Rosalía até autoras de hoxe como Olga Novo, Marta Dacosta, Olga Patiño…, pasando por Manuel María, que Luís Caruncho canta acompañado de instrumentos tradicionais como a zanfona, a pandeireta e o pandeiro.
Cómpre reservar en contacto@casamuseomanuelmaria.gal ou a través do whatsapp 698177621. Billete: 5 euros.