Concerto de Brais Morán na Casa-Museo Manuel María

BRAIS MORÁN, EN CONCERTO, ESTE SÁBADO NA CASA-MUSEO MANUEL MARÍA

A Casa-Museo Manuel María acolle este sábado, 16 de novembro, ás 20 hrs, un concerto en formato solitario (guitarra e voz) de Brais Morán.

Brais Morán, con vinte anos de traxectoria musical, repasará temas dos seus traballos “Cruzando o eclipse” (2015) e “No mato do desespero” (2018), así como novas composicións que está a preparar, alén dalgún clásico dos tempos de Loretta Martin, grupo funk do que foi fundador e integrante. As cancións de Brais están cheas de diferentes estilos que pasan polo rock, funk, soul, ritmos brasileiros, africanos e tradicionais galegos.  

Recentemente vén de presentar single, videoclip e novo espectáculo “Disque ao So(u)l”, carregado de Disco-Funk (https://www.youtube.com/watch?v=ToRRbAU44Qk ) .

O billete (5 euros) para o concerto pode reservarse en contacto@casamuseomanuelmaria.gal

*Información achegada desde a Casa-Museo Manuel María.

O IEU participará no Acto de Nomeamento como Filla Predilecta do Concello de Agolada á científica Marisol Soengas González

O IEU unirase á homenaxe que se vai facer á científica Marisol Soengas González o 7 de decembro en Agolada, no que será nomeada Filla Predilecta do Concello de Agolada. Na homenaxe, unha representación do IEU participará ás 18 h. nas intervencións protocolarias.

Tamén trasladamos información con enlaces da exposición de Kukas, “Só paisaxes, sós”, que inauguramos o  sábado 2 de novembro no Castelo de Pambre, así como o díptico no arquivo adxunto.

*Información facilitada polo IEU.

CIRCO GALAICO, de Títeres Alakrán, o sábado 9 ás 18 hrs, na Casa-Museo Manuel María

Este próximo sábado, día 9 de novembro, ás 18 hrs, na Casa-Museo Manuel María, poderemos gozar dun espectáculo de luz, son e cordas para gozar toda a familia, Circo Galaico, de Títeres Alakrán

Trátase dunha peza de monicreques de variedades conducido por un presentador, que será o mestre de cerimonias de clásicos e insólitos números de circo amenizado cunha marabillosa música. Un circo único onde a maxia e o fantástico se mistura co autóctono, onde os artistas serán animais da fauna galega en liberdade (Xaquín, o forzudo xabarín; Corvus, o corvo equilibrista; Pedriño, o raposo malabarista; a cabra Ribelina; e o pallaso Rolín). 

O espectáculo está dirixido para público familiar e crianzas e o billete custa 2 euros por persoa. Cómpre reservar en contacto@casamuseomanuelmaria.gal

*Información facilitada desde a Casa-Museo Manuel María.

AELG.- Actividades da semana do 04/11 a 10/11

Estas son as actividades que propón a AELG durante a semana do 4/11 ao 10/11:

Informamos de que xa está aberto o prazo de inscrición da IV Xornada da Sección de Literatura Dramática. Cartografías da palabra en acción, a celebrar na Coruña o 23 de novembro, sábado. Tamén de que seguen en desenvolvemento tres obradoiros de creación literaria da Escola de Escritoras-es da AELG, en San SadurniñoRianxo e Pontevedra.

*Información facilitada desde a Secretaría Técnica da AELG.

Concerto-Foliada con TREBOADA, o 9 de novembro ás 20 horas, na Casa-Museo Manuel María

próximo sábado, ás 20 hrs, teremos a oportunidade de escoitar, bailar, cantar… co grupo de música tradicional de Rábade TREBOADA, que levará a cabo unha actuación no auditorio da Casa-Museo Manuel María. Se vos presta, xa sabedes, achegádevos a Outeiro de Rei e sumádevos á foliada. A entrada é libre.

*Información facilitada desde a Casa-Museo Manuel María