Homenaxe a Siervo González, Manuel Núñez e Graciano Paz, mindonienses asasinados polo franquismo

PROGRAMA ACTOS: HOMENAXE A SIERVO GONZÁLEZ, MANUEL NÚÑEZ E GRACIANO PAZ

(Mondoñedo, sábado 12 de xaneiro de 2019)

 O sábado 13 de xaneiro homenaxeamos en Mondoñedo a Graciano Paz, Siervo González e Manuel Núñez, tres veciños de ben,asasinados fai 81 anos na nosa cidade polo seu compromiso coa causa da democracia e da xustiza social.

 12:00h inauguración dun monólito na súa lembranza no parque a carón do cemiterio.

 Falarán:

 Antonio Reigosa, cronista oficial de Mondoñedo.

Pedro González, neto de Siervo González.

Xusto Lage, sobriño neto de Manuel Núñez

Graciano Pardo, neto de Graciano Paz

Portavoces municipais do PP, PSOE e BNG

Tráelles un poema

Aquelas persoas que queiran achegar un poema (breve) súa lembranza facédenolo chegar ao telefono 683 14 87 57

 13:15h mesa redonda na casa da xuventude

 Falarán:

 Pedro González, neto de Siervo González.

Araceli González, neta de Siervo González.

Xusto Lage, sobriño neto de Manuel Núñez

Graciano Pardo, neto de Graciano Paz

 15:00h xantar de confraternidade

 Aquelas persoas que queiran participar do xantar de confraternidade deberan anotarse antes do 10 de xaneiro no telefono 683 14 87 57 ou na conta de correo martiresdemondonhedo@gmail.com

*Información facilitada pola Comisión organizadora da homenaxe a Siervo González, Manuel Núñez e Graciano Paz.

XXXIII Festival de Polifonía e Panxoliñas en Vilalba

XXXIII Festival de Polifonía e Panxoliñas que organiza a Coral Polifónica Vilalbesa, coa participación das seguintes corais:

_Coral Polifónica de Betanzos.

_ Coral Polifónica de Barreiros.

_Coral Polifónica Luar de Vilalba.

_ Coral Polifónica Vilalbesa.

O sábado día 12 de xaneiro de 2019, ás 20:30 horas, no Auditorio Municipal Carmen Estévez de Vilalba, con entrada de balde.

Velaquí o programa deste acto cultural.

* Información facilitada pola Área de Cultura do Concello de Vilalba.

Cabalgata de Reis 2019 no Concello de Vilalba

O sábado 5 de xaneiro os nenos e nenas de toda a comarca poderán disfrutar da tan esperada visita dos Reis Magos de Oriente. As súas maxestades visitarán ás 17.30h a Residencia de Maiores de Vilalba, e posteriormente, ás 18.00h farán o seu tradicional percorrido pola vila, dirixíndose a carpa da praza da Constitución para agasallar a tódolos nenos/as.

Contaremos co acompañamento de:

– Banda de Cornetas y Tambores de Burela.

– Charanga de Vilalba

_ Banda de Gaitas Mato Vizoso.

_ Buxos Verdes

– Entre Lusco e Fusco

– Pandereteiras de Andrade

_ Animación con personaxes Disney.

Velaí o programa de dita actividade lúdica.

*Información facilitada pola Área de Cultura do Concello de Vilalba