Paco Nogueiras, con Radio Bulebule, na Casa-Museo Manuel María

Paco Nogueiras estará este sábado, 26 de xaneiro, ás 18 horas, na Casa-Museo Manuel María, co seu espectáculo musical Radio Bulebule. O medio radiofónico inspira este espectáculo que se recolle nun libro-CD composto de doce cancións en que a modo de programación dunha peculiar emisora non faltan a sintonía de entrada, axenda cultural, faladoiro, magazine de variedades -tendencias, ciencia, natureza…-, música, noticias, deporte, previsión metereolóxica…

Esta radio itinerante, ambulante e cantante convídanola a vivir en directo Paco Nogueiras a través dun espectáculo participativo, con colorido e expresividade e cunha chea de composicións e melodías que destacan polos ritmos modernos, pegadizos e bailábeis.

As entradas (2 euros o billete) deste espectáculo dirixido para as crianzas e familias (acaído para nenas e nenos entre os 5 e os 11 anos) poden reservarse en contacto@casamuseomanuelmaria.gal.

*Información facilitada pola Casa-Museo Manuel María.

HOMENAXE A ISIDRO NOVO, 1 de febreiro de 2019

HOMENAXE A ISIDRO NOVO (2ª parte)

1 de febreiro de 2019, 19:00h

Lugar: Biblioteca Municipal

Parque da Milagrosa

Acto: Descuberta do rótulo que designa a Biblioteca Municipal de Lugo como BIBLIOTECA MUNICIPAL ISIDRO NOVO (Por acordo unánime do pleno municipal en sesión celebrada a finais de outubro de 2018).

MIHL (Museo Interactivo da Historia de Lugo)

Parque da Milagrosa

Ao remate do acto precedente trasladarémonos ata o salón de actos do MIHL para a presentación do libro “Isidro Novo 1951 -2018).

No seguinte enlace vai unha reseña breve co programa de actos para o 1 de febreiro

  • Información achegada pola comisión organizadora.

Álbum gráfico da presentación en Ribadavia da Colectánea de Poesía Luso-Galaica

O sábado pasado, 19 de xaneiro, tivo lugar no Auditorio MANUEL MARÍA de Ribadavia a presentación en terras galegas da Colectánea de Poesía Luso-Galaica, coordinada por Ester de Sousa e Sá. Nesta antoloxía poética recóllese a achegamento das emocións manadas dos versos escritos e recitados en dúas linguas irmás, o galego e o portugués.