O sábado 5 de xaneiro os nenos e nenas de toda a comarca poderán disfrutar da tan esperada visita dos Reis Magos de Oriente. As súas maxestades visitarán ás 17.30h a Residencia de Maiores de Vilalba, e posteriormente, ás 18.00h farán o seu tradicional percorrido pola vila, dirixíndose a carpa da praza da Constitución para agasallar a tódolos nenos/as.

Contaremos co acompañamento de:

– Banda de Cornetas y Tambores de Burela.

– Charanga de Vilalba

_ Banda de Gaitas Mato Vizoso.

_ Buxos Verdes

– Entre Lusco e Fusco

– Pandereteiras de Andrade

_ Animación con personaxes Disney.

Velaí o programa de dita actividade lúdica.

*Información facilitada pola Área de Cultura do Concello de Vilalba