Libro A REQUECHA. A regueifeira do Cando. Josefa Cabado na memoria

Libro A REQUECHA. A regueifeira do Cando. Josefa Cabado na memoria

A REQUECHA

JOSEFA CABADO NA MEMÓRIA

Finou Josefa Cabado, A Requecha do Cando. Poeta, regueifeira, labrega… 97 anos de memória vanse con ela e non só de memória, senón que se foi unha muller excepcional, única é irrepetíbel. Con casi um século de vida ainda recitaba as suas coplas de corrido e falava o “Chedé” ese idioma familiar inventado coa mesma naturalidade que nós falamos o galego. Non houbo na contorna lugares, feitos ou persoas que non mereceram unha copla súa, moitas delas racollidas por Xermolos no impresionante traballo que aqui vos deixamos para descargar en PDF. Xermolos, coa colaboración de Raúl Río, André da Ponte, o xenro de Josefa, Antón Ferreiro, Alfonso Blanco, Mini, Mero a família e a própria Requecha, compuxeron um documento que coa morte de Josefa faise ainda mais necesario para darlle a relevância que merece como poeta, regueifeira, creadora de coplas marabillosa e verdadeira representante da história recente da cultura popular rural. Quenes a coñecemos en persoa quedamos impresionante coa súa alegria, naturalidade e capacidade. É por esto que pensamos que o seu legado, ou polo menos unha parte, merece ser difundido para o seu coñecemento. Así o pensou XERMOLOS e desde esta humilde palestra agradecemos ese esforzo. A revista AS COPLAS DUN TEMPO, En formato físico pode adquirirse na Casa das Palabras de Guitiriz ou nos actos nos que participa ou organiza a Asociación.

Aquí vos deixamos está homenaxe á Requecha do Cando, conformandonos con ter contribuído a que sexa algo máis coñecida a súa labor.

Josefa Cabado, A Requecha, permanecerá para sempre na nosa memória. Como acostumava a decir…”cando me vaia do Cando”. E foi-se, máis seguirá igual en nós.

Velaí a ligazón ao libro.

 

Culturalia GZ

info@culturaliagz.com

Os Vilares, lareira de soños
dosvilares@gmail.com
+34 662 183 149
www.dosvilares.com
www.facebook.com/osvilares
twitter@dosvilares1

Presentación en Castro Ribeiras do Lea do poemario “Cristal de bágoas” de Daniel Irimia Yáñez

Presentación en Castro Ribeiras do Lea do poemario “Cristal de bágoas” de Daniel Irimia Yáñez

O vindeiro sábado 7 de abril, a partir das 18h, na Casa da Cultura de Castro Ribeiras do Lea preséntase o libro “Cristal de Bágoas” de Daniel Irimia Yáñez. Acompañarán ao autor, Xabier Cordal, poeta e prologuista do libro, e o escritor e académico da RAG, Darío Xohán Cabana.

Con este poemario, Daniel Irimia, natural de Momán (Cospeito), acadou o Premio de Poesía O FACHO, que sumou a outros galardóns literarios no seu haber.

Medre a Poesía!

Presentación en Mondoñedo de “Común temos a patria” de Emilio X. Ínsua e Xurxo Martínez

Presentación en Mondoñedo de “Común temos a patria” de Emilio X. Ínsua e Xurxo Martínez

O venres 6 de abril de 2018, ás 19:30 horas, no Centro Comarcal Mondoñedo, terá lugar a presentación do libro Común temos a patria. Biografía dos irmáns Villar Ponte de Emilio Xosé Ínsua e Xurxo Martínez González.

No acto acompañará aos autores Antonio Reigosa, Cronista Oficial de Mondoñedo.

Velaí información do evento.

Entrega do Prémio Trapeiro de Honra 2018 a Raúl Río Díaz

Entrega do Prémio Trapeiro de Honra 2018 a Raúl Río Díaz

A Asociación Sociocultural Lareira de Soños vén de decidir que Raúl Río Díaz sexa distinguido co Premio Trapeiro de Honra 2018 na súa quinta edición como vilarego exemplar, sumándose así a Xosé María Díaz Castro, a Romaría Labrega da Chaira, Pepe de Cristos e Asunción dos Ares, galardoados nas anteriores edicións. Raúl, distinguido tamén no 2016 coa Navalliña de Manuel María, é un grande activista da nosa cultura e un home comprometido, amante das artes e das letras e un dos principais embaixadores de Diaz Castro e dos Vilares. Grande coñecedor da historia da parroquia, ademais de permanente colaborador de iniciativas culturais e políticas na Terra Chá e en Euskadi. Fachendoso das súas orixes, non perde a oportunidade de organizar en Euskadi, a súa segunda patria, actividades e eventos relacionados con Guitiriz e Os Vilares. Socio fundador da Asociación Sociocultural Lareira de Soños dos Vilares, a decisión unánime da propia asociación evidencia o cariño e recoñecemento xeral da veciñanza a este vilarego, obreiro, escultor, pintor, documentalista, fotógrafo, escritor e sobre todo grande persoa, e con grandes valores humanos.

A figura de Raúl personaliza neste premio a homenaxe aos emigrantes daqueles anos 60 e 70 que se viron obrigados a sair a gañarse a vida polas dificultades de tempos escuros do franquismo abandonando o rural para buscar o sustento en zonas industrializadas; pero tamén a tódolos loitadores comprometidos coas súas orixes e coa súa cultura. Un premio que agradece a Raúl e á multitude de traballadores o seu amor pola patria e polo rural chairego e galego.O acto de entrega da V edición do Prémio Trapeiro de Honra ao vilarego Raul Rio, designado para este ano 2018. Na figura de Raúl simbolizamos a todos aqueles emigrantes que tiveron que marchar para sacar adiante as suas vidas pero que nunca abandonaron as suas raíces. No caso de Raúl, perfeitamente integrado na sociedade que o acolleu, é o perfecto exemplo de conexión entre ambas culturas. Os Vilares rinde asi tributo a un dos seus fillos mais comprometidos, co seu amigo o poeta Diaz Castro, coas súas xentes e história locais e con Galiza en xeral. Un acto que se celebrará na igrexa parroquial de San Vicenzo dos Vilares, o seu lugar de nacencia, coa presenza de numerosos amigos e veciños.

O acto será o sábado 7 de Abril ás 18:00. E contaremos no acto de entrega con Pas Veres e Antón de Guizán da Lareira de soños que farán as presentacións, a poeta da NPG Mar Beres, a artista chairega Isabel Pardo, o crítico literário Armando Requeixo, os xornalistas Man Castro e Xulio Xiz, familiar e amigo de Diaz Castro respectivamente, os músicos Mini Rivas e Mero Iglesias, o museólogo Felipe Senén, os cregos amigos Xaquín de Roca e Alfonso Blanco de Xermolos e o acordeonista de Lanzós Manuel Figueira que amenizará o acto acompañado dun flautista.

No mesmo acto faraste entrega do Prémio a Raúl Río da figura representativa deseñada pola artista Viki Rivadulla e tamén ás famílias dos dois galardoados anteriores, Pepe de Cristos (2016) e Asunción dos Ares (2017). Figuras únicas realizadas a man e Sen moldes e cos nomes de cada premiado.

Posteriormente haberá unha cea cos intervintes e amizades de Raúl no restaurante O’KORREO de Guitiriz.

 

Os Vilares, lareira de soños
dosvilares@gmail.com
+34 662 183 149
www.dosvilares.com
www.facebook.com/osvilares
twitter@dosvilares1