Certame VILARIÑAS 2018, por Antón de Guizán

Certame VILARIÑAS 2018, por Antón de Guizán

O #CertameVilariñas2018 convocado pola NPG Nova Poesía Guitirica, CulturaliaGZ e Os Vilares lareira de soños,

remata esta noite o prazo para a presentación das micro-poesias <VILARIÑAS> certame que se iniciaba o pasado ano con notabel éxito de participación (130) e que nesta segunda edición supera xá as 180 <vilariñas> presentadas.

Este certame deve o seu nome ao lugar de nacemento do Poeta Díaz Castro no Vilariño dos Cregos nos Vilares e á inspiración do seu poema A Espada no que fala das “herbas pequerrechiñas” que inspiram estes micro poemas que na súa segunda edición están a acadar sona en toda Galiza e fora dela ao ter recibido poemas de toda a nosa xeografia e de Asturies, Portugal, e mesmo de Itália.
Nomes ben coñecidos da literatura galega participaram no certame deste ano, no que voltaria a participar, tamén os gañadores da primeira edición, Andrea Araújo Alonso, Pedro Rielo Lamela e Toño Núñez.

O xurado decidirá nos vindeiro quince dias as tres <VILARIÑAS> gañadoras nunha moi difícil tarefa entre tanta cantidade e calidade, gañadores que recibirán as bonitas figuras deseñadas pola artista Viki Rivadulla, pezas únicas feitas a man e sen moldes exclusivamente para este certame.
Sen dúbida o #CertameVilariñas vai camiño de convertirse no nome identitário dos micro poemas galegos ao estilo dos Haikus nipóns.
Unha vez decidido o Fallo do xurado, todas as <vilariñas> participantes serán editadas no #EstraperloCulturalia da web www.culturaliagz.com en formato PDF para a súa descarga gratuita.
Os Vilares, lareira de soños
dosvilares@gmail.com
+34 662 183 149
www.dosvilares.com
www.facebook.com/osvilares
twitter@dosvilares1