19 DESTACAD@S VILAREG@S DE 2017 (ano IV) por Antón de Guizán

19 DESTACAD@S VILAREG@S DE 2017 (ano IV) por Antón de Guizán

19 Destacad@s Vilareg@s de 2017

 A parroquia dos Vilares recoñece novamente aos vilaregos de honra deste ano a piques de rematar, como cada ano desde o 2014, data de existencia do proxecto OS VILARES, LAREIRA DE SOÑOS.

Distinguimos a persoas e entidades cada ano, nos distintos ámbitos, social, cultural, empresarial, identitario…todos igualmente meritorios e necesarios e nalgún dos casos tamén reivindicativo.

As entidades e persoas recoñecidas son este ano as seguintes:

1. Xunto a Asunción Lobeiras Diaz, á que adicamos o PREMIO TRAPEIRA DE HONRA 2017, e desgraciadamente finada este ano, os outros 18 nomes de persoeiros, colectivos e iniciativas son:

2. Entre os monumentos, OS FRESCOS DA IGREXA DOS VILARES,  do século XVI e en sério perigo de desaparición polo abandono e a degradación

3. Nas Reixas, “como reclamo para a súa reparación e posta en valor”, a Escola Habanera da Conchada” para uso social e cultural parroquial e que no ano 2023 cumpre o centenário da súa e construcción.

4. Entre os nomes destacados atópanse as cantoras galegas Tereixa Novo, Maria Xosé Silva SES e Aranha Álvarez e Sandra Tenreiro que tan amablemente se brindaron na homenaxe a Asuncion de dos Ares no Prêmio Trapeira de Honra 2017.

5. Recoñecemos tamén a Raúl Rio, vilarego residente en Euskadi,  que sigue activo social e culturamente naquel país e sigue coa parroquia no seu corazón e ao que dedicaremos o Prêmio de Trapero de Honra 2018.

6. Igualmente no eido cultural consideramos que a “mellor organización dun evento” a Romaria de Labrega da Chaira,  con casi tres lustros de existencia e mantendo-se con boa saúde e adaptando-se aos tempos.

7. No apartado do coñecemento, destacamos a Segundo Pérez López,  dean da Catedral de Compostela e bo coñecedor e valedor da historia dos Vilares. Autor dun libro sobre a escola habanera e outro sobre Díaz Castro.

8. Mentres, no apartado de personaxe destacada da historia vilarega, este ano recoñecemos a José Lobeiras Gómez, O Armeiro de Berulfe, fotógrafo ambulante e home polifacético  dos Vilares ao que dedicaremos un documentário que se atopa en período de rodaxe.

9. O recoñecemento á “mellor iniciativa cultural” recae na organización do Certame de micropoemas [VILARIŇAS] por NPG Nova Poesía Guitirica, A. S-C Lareira de soños e CulturaliaGZ.

10. No apartado do mellor artigo sobre a parroquia, CON DÍAZ CASTRO EN VIAXE SEMANAL POR OS VILARES DE Parga, de Xaquín Campo Freire en Galicia Dixital.

11. No eido do deporte volvemos a destacar Antonio Teijido, gañador e record absoluto das “24 horas de Vigo” e unha excepcional campaňa de cross, con distinción nos premios do deporte galego incluida. Neto de vilaregos.

12. Lugar emblemático do ano, a casa de Díaz Castro no Vilariño en apoio á sua recuperación para uso público cultural así como á campaňa para ese fin de XERMOLOS.

13. Pola súa banda, como mellor asociación ou entidade destacamos a CODEGUI, en especial pô-la donación de solidaria aos afectados polos incêndios deste ano en Galicia.

14. Mellor acción musical, o trabalho da mestra do IES Díaz Castro de Guitiriz ano tras ano co alumnado e sempre con Díaz Castro como referência, Sandra Tenreiro Doldán.

15. Mellor iniciativa emprendedora, a reforma e ampliación do local hostelerio Casa Gaibor, do vilarego Carlos Castro e a sűa dona.

16. Mozo ou moza destacados, Sonia Ferreiro Pena, que se descubre como unha talentosa fotógrafa.

17. Persoa de fóra da parroquia destacada no apoio e defensa e estudo da mesma, o poeta Martiňo Maseda polo apoio ás iniciativas culturais na parróquia e pô-la publicación de actividades e libros no seu portal dixital Culturalia GZ.

18. Mellor publicación, o libro de poemas O FILÓSOFO Coxo (Espíral Maior) de Eduard Velasco, gañador do II premio Díaz Castro.

19. No apartado audiovisual, o programa da TV, no que participaron activamente os anticuarios Xaone e o seu fillo Josérra, TESOUROS NO FAIADO.

Os Vilares, Lareira de Soños

 

 

Os Vilares, lareira de soños
dosvilares@gmail.com
+34 662 183 149
www.dosvilares.com
www.facebook.com/osvilares
twitter@dosvilares1

IV RECITAL POÉTICO SOLIDARIO INTERNACIONAL na Casa da Cultura de Vilalba

IV RECITAL POÉTICO SOLIDARIO INTERNACIONAL na Casa da Cultura de Vilalba

Baixo o lema “Verso, ¿que traes? Esperanza”, o vindeiro venres, 22 de decembro a partir das 20 horas na Casa da Cultura de Vilalba celebrarase o IV RECITAL POÉTICO SOLIDARIO INTERNACIONAL. Organizado polo portal dixital Culturalia GZ e en colaboración con Cruz Vermella Vilalba e o Concello de Vilalba, tentarase recadar a maior cantidade de fondos para a Campaña de Xoguetes, “Os seu dereitos en xogo”, que anualmente leva a cabo a mencionada Cruz Vermella.

As entradas están a disposición das persoas interesadas na Casa da Cultura. O prezo das mesmas será de 5€, agás para @s nen@s até unha idade de 12 anos, cuxa entrada será de balde.

A listaxe de poetas participantes acadará practicamente a vintena, con nomes coma Marica Campo, Xosé Otero Canto, Toño Núñez, Antón de Guizán, Fátima Fenández, María Xosé Lamas, Beatriz Dourado, Lois Pérez, Pilar Maseda, Daniel Irimia, Xesús Bermúdez Tellado, José Carlos Ulloa García, Adolfina Mesa, Paco Ledo, Ana Vila Portomeñe, Montse González Álvarez… Ademais haberá uns intermezzos musicais a cargo de Néstor González que nos interpretará unha serie de pezas ao piano eléctrico.

Tamén se solicitou aos poetas que van recitar a cesión dun libro propio ou doutra autoría como agasallo para as persoas que resulten gañadoras no sorteo final que se fará entre todas as entradas mercadas polos asistentes.

 

*Autoría da fotografía: Cruz Vermella

ESPERTAR.

Espertar dun soño afastado, detrás dunha porta con chave de anos, versos da lúa en choiva de bágoas, sombras de vellas lembranzas, camiño. ……testemuña dunha mirada.

Música da memoria, aperta dun encontro enfeitizado na alma, ulindo un perfume na pel, gardado nunha salvaxe terra, chamada dunha folla escrita no vidro da auga.

Espertan os secúlos, lembran a promesa, agardan na rúa da aldea a figura durmida, dun amor que esperta.

Arquitectura dunha angustia, que escribe versos.

Ana Mar Fraga Rábade.

Entrega Premios I Certame VILARIÑAS

Entrega Premios I Certame VILARIÑAS

O pasado sabado, 2 de decembro, na igrexa dos Vilares, ese home coñecido coma Pepe do Vilariño, ou mellor dito, ese gran poeta chamado Xosé María Díaz Castro estaría compracido co acto que argallou a boa xente da NPG Nova Poesía Guitirica e dos Vilares, Lareira de soños para celebrar a entrega do I Certame VILARIÑAS 2017, e que, asemade, serviu para honrar a súa persoa.

Ante case un cento de persoas alí presentes (entre elas familiares do propio Xosé María Díaz Castro), sucedéronse distintas intervencións, ás que foi dando paso o poeta vilalbés Martiño Maseda. A primeira correu  a cargo de Regina Polín como alcadesa de Guitiriz; seguida por Alfonso Blanco Torrado, ben coñecedor da persoa do poeta vilarego, e en representación de Xermolos, como depositarios do legado da súa obra, o que os levou a teren emprendido iniciativas con resultados positivos, como a declaración do Día das Letras para o poeta do Vilariño no 2014 ou a fase inicial de recuperación da súa casa natalicia.

Tras as palabras de Alfonso Blanco Torrado, dous integrantes do grupo poético “Voces Poéticas do Mandeo” (Moncho Bouzas e María Pereira) deleitaron aos asistentes co recitado duns poemas.

No cerne cenital do acto tivo lugar o momento da entrega dos galardóns aos premiados na 1ª edición do Certame VILARIÑAS. Ditos galardóns consistiron nunha peza única elaborada pola artista da Costa da Morte, Viki Rivadulla. Comezou recollendo o seu premio o poeta naviego Toño Núñez, que coa vilariña “Abrín os ollos” acadou o terceiro premio, o cal lle foi entregado pola cantautora e profesora Sandra Tenreiro Doldán. Deseguido, tocoulle o turno a Pedro Rielo Lamela, quen non puido asistir, e levoullo no seu lugar Xelo Teijido, membro da NPG, o segundo premio pola vilariña “Gran carballo”. E xa para sentirse agasallada polo primeiro premio, grazas á vilariña “Teño un pintor”, acudiu a guardesa Andrea Araújo Alonso, que con grande ilusión recibiu a figura de Viki Rivadulla de mans de Antón de Guizán, presidente da Asociación Os Vilares, Lareira de Soños e membro da NPG.

Rematou o acto as verbas intensas e luminosas da integrante máis nova da Nova Poesía Guitirica NPG, Fátima Fernández.

A continuación, a festa poética proseguíu nun comedor do bar Korreo de Guitiriz.

Medre a Poesía!

 

POEMAS PENDURADOS DE FAROLAS: LUMES NUNCA MÁIS!! por Antón de Guizán

POEMAS PENDURADOS DE FAROLAS: LUMES NUNCA MÁIS!! por Antón de Guizán

Un ano máis, e van tres, nos primeiros dias de 2018, as farolas do concello natal do poeta Díaz Castro lucirán poesía con mensaxe social.

A NPG Nova Poesia Guitirica, a Asociación Sócio-Cultural Lareira de soños e o portal literário dixital Culturalia GZ organizan a terceira edición de POEMAS PENDURADOS DE FAROLAS.

Se en 2016 supuxo a estrea con poemas da NPG, e na segunda, foi adicada á temática contra a violéncia machista,para este ano 2018 o lema será LUMES NUNCA MÁIS e coa novidade dunha convocatória aberta a quen queira participar.

Como xa levamos feito desde o seu início, um poema de Xosé María Díaz Castro figurará entre o conxunto dos que decorrem as farolas guitiricense de Lagostelle e Parga, e neste caso será o poema ESMERALDA, homenaxe á natureza e á importância das cousas pequenas, que inspirou ademáis o recente #CertameVilariñas de micropoesía que con tanto éxito se ten iniciado.

Num mundo cada dia máis prosaico, a poesia axuda a humanizar e mudar desde o compromiso e neste caso desexando mudar conciencias não só de persoas, senón dos poderes para evitar lacras que ennegrcen o nóso país, que nós empobrecen e deixan un mundo peor ás xeracionalmente que nos sucedan. Por iso a temática da vindeira edición é LUMES NUNCA MÁIS, para axudar a non esquecer, pois a memória é aprender…

#PoemasPenduradosDeFarolas  desde xa mesmo pode recibir poemas para a terceira edición, que serán distribuídos polas farolas de Guitiriz e alarga a comenzos de 2018 e posteriormente editados nos portais dixitáis www.culturaliagz.com e www.galiciadigital.com En formato libro para descargar. A estrutura e rima son livres e a temática deste ano ten que estar relacionada com lema LUMES NUNCA MÁIS. Podedes remitilos en formato word (para homologar imaxe e maquetar, non se alterará o contido nin a estrutura) a

dosvilares@gmail.com

info@culturaliagz.com.

Data limite: 28 de decembro.

 

Os Vilares, lareira de soños
dosvilares@gmail.com
+34 662 183 149
www.dosvilares.com
www.facebook.com/osvilares
twitter@dosvilares1