Exposición de pintura ” Catro médicos pola Chaira” na Casa da Cultura de Vilalba

Exposición de pintura ” Catro médicos pola Chaira” na Casa da Cultura de Vilalba

O luns 18 de decembro na Casa da Cultura terá lugar ás 19.30h a inauguración da mostra pictórica “Catro médicos pola Chaira”. Esta exposición recolle traballos de catro galegos nados na provincia de Lugo e vinculados a estas terras. Leopoldo García Méndez, Pablo Galego Feal, Jesús Vázquez Gallego e Tino Cuesta compoñen este grupo de médicos lucenses unidos pola creatividade e a paixón polos pinceis.

Esta exposición permanecerá aberta ao público desde o 18 de decembro de 2017 ao 19 de xaneiro de 2018, no horario habitual da Casa da Cultura.

*Información achegada pola Área de Cultura do Concello de Vilalba.

OS BOLECHAS, UN CONTO DE NADAL no Auditorio Municipal de Vilalba

OS BOLECHAS, UN CONTO DE NADAL no Auditorio Municipal de Vilalba

Os Bolechas, “Un conto de Nadal” este venres 22 de decembro ás 18h no auditorio municipal Carmen Estévez, con entrada gratuíta.

Desta volta, os seis intrépidos irmáns e o seu can Chispa terán que resolver un misterio que pode deixar os cativos e cativas de Galicia sen os agasallos que tanto tempo levan agardando. E é que se perdeu o camelo en que os Reis Magos traían todos os galanos. Conseguirán atopalo a tempo? Seguro que, coa axuda do público, serán quen de facelo.

É preciso coller a entrada en Ataquilla.com ou na casa da Cultura, para controlar o aforo.

 

*Información facilitada pola Área de Cultura do Concello de Vilalba.