TENDEMOS PONTES SENLLEIRAS ACOTÍO

TENDEMOS PONTES SENLLEIRAS ACOTÍO

Tendemos pontes senlleiras acotío.

Pontes de táboas febles xa trazadas

polo vento nordés, pola xeada,

pola orde dos días fuxidíos.

Pontes que apodrecen polo inverno,

que secan no solpor do nú estío

e adormecen no outono xa cumprido

de solpores dourados, sempre eternos.

Pontes que hoxe precisan novos termos,

palabras escollidas na linguaxe

das horas que se esgotan na cordura.

Pontes desa madeira, cerna dura,

que co tempo non muda na súa imaxe

nin nas ideas que firmes sostemos.

Pontes imaxinadas nas paisaxes

nas que os “Irmandiños” aínda cremos.

 

Curso 2017/2018 na Escola Municipal de Teatro de Vilalba

Curso 2017/2018 na Escola Municipal de Teatro de Vilalba

A Escola Municipal de Teatro abre o prazo de inscrición do novo curso 2017/2018, dende o luns 2 ao venres 13 de outubro de 2017, na oficina de cultura de 9h a 15h.

Presentación de grupos o luns 16 de outubro no auditorio Carmen Estévez :

Infantil: 18.00h

Xuvenil: 19.00h

Adultos: 20.00h

As taxas de matrícula son:

Infantil: a partir de 6 anos (2011) ata os 10 anos (2007) __30€

Xuvenil: dos 11 anos (2006) ata os 16 (2001) __60€

Adultos: __60€

 

*Información achegada dende a Área de Cultura do Concello de Vilalba.

O musical LA BELLA Y LA BESTIA no Auditorio Municipal de Vilalba

O musical LA BELLA Y LA BESTIA no Auditorio Municipal de Vilalba

La Bella y La Bestia, musical familiar baseado no conto de fadas de Gabrielle-Suzanne Barbot de Villeneuve e a obra revisada e abreviada de Jeanne-Marie Leprince de Beaumont, a cal escribiu a partir da historia orixinal. Esta historia representada en Teatro Musical é ideal para que maiores e pequenos disfruten xuntos coa gran posta en escea, os personaxes variopintos e pola máxia que desprende en cada escena con fermosas e divertidas coreografías e cancións con voces en directo.

Recomendado para toda la familia (menores de 2 años se no ocupan asento non necesitan entrada).

Data: Sábado 25 de novembro de 2017

Lugar: Auditorio Carmen Estévez

Hora: 17:30h

Entradas: anticipada 12€ (en Ataquilla.com e na Casa da Cultura) – taquilla 18€.

Para todos os públicos.

 

*Información achegada dende a Área de Cultura do Concello de Vilalba.

Luar na Lubre presenta “XXX aniversario” en Vilalba o venres 17 de novembro.

Luar na Lubre presenta “XXX aniversario” en Vilalba o venres 17 de novembro.

Luar na Lubre presenta “XXX aniversario” en Vilalba o venres 17 de novembro.

Luar Na Lubre, unha das bandas de referencia da música folk do noso país, celebra a súa longa traxectoria cun CD de recompilación das súas composicións musicais. Non é un xuntanza tradicional de temas, senón que vai máis aló e achega unha colección diferente de temas “escondidos”, de tesouros “non habituais” , pero non por iso menos sorprendentes que os seus grandes clásicos.

Data: 17 de novembro de 2017

Lugar: Auditorio Carmen Estévez

Hora: 20:30h

Entradas: anticipada15€ (en Ataquilla.com e na Casa da Cultura) – taquilla 18€.

Para todos os públicos.

 

*Información facilitada dende a Área de Cultura do Concello de Vilalba.

David Guapo #Quenonosfrunjanlafiesta en Vilalba.

David Guapo #Quenonosfrunjanlafiesta en Vilalba.

David Guapo #Quenonosfrunjanlafiesta en Vilalba.

David Guapo presenta o seu monólogo titulado “#Quenonosfrunjanlafiesta,” e que foi o espectáculo con máis éxito no ano 2015. Unha aposta segura onde o humor, a música e a improvisación mestúranse nun show único para todos os públicos.

David Guapo foi o monologuista revelación no ano 2011 coa súa aparición no “Club de La Comedia” e, desde entón, é considerado un dos mellores monologuistas nacionais. Ademáis, tamén participou no programa referente da sobremesa televisiva en canto ao humor: “Sé Lo Que Hicisteis”, onde rematou consolidándose coma unha das novas caras da televisión a nivel nacional.

Son máis de catro anos no mundo da televisión, sempre ao máis alto nivel da comedia: Buenafuente, El Hormiguero, Nuevos Cómicos de Paramount Comedy, ainda que leva más de 10 anos actuando en directo, onde sempre sorprende con material inédito.

Data: Domingo 12 de novembro de 2017.

Lugar: Auditorio Carmen Estévez.

Hora: 20:30h

Entradas: anticipada15€ (en Ataquilla.com e na Casa da Cultura) – taquilla 18€.

Duración do espectáculo: 80 minutos (sen pausa)

Para todos os públicos

 

*Información facilitada dende a Área de Cultura do Concello de Vilalba