Quixera facer un verso co teu nome…

QUIXERA FACER UN VERSO CO TEU NOME… Quixera facer un verso co teu nome, ese nome que fala da terra e dos montes, dos rios e das carballeiras. Ese nome que está pendurado das pólas dos salgueiros, á veira dos regatos de augas craras, que escapan mansas por entre as pedras. Quixera facer un verso co teu nome, ese nome que me lembra as raices da miña nenez, as amoras das silveiras, os carreiros cheos de xeada, ese none, que me sabe a herba recen segada, a arume de pinos verdes e xestas, ese nome, de brétema polas mañans, que nos beizos,faise melodía doce e tenra, feita por mil campaiñas, tocadas por mil fadas… Quixera facer un verso co teu nome, que sabe a sal nos meus beizos, a brisa deste mar que nos envolve, que nos enche de frescura. Quixera facer un verso co teu nome, ese nome que fala dunha terra nosa, dunha nai, sempre agarimosa chea de dozura, ese nome que se escoita no cantar das anduriñas que veñen de lonxe, ese nome que eu amo, ese nome é o teu: GALIZA. (Emilia Martinez)

Inverno

Tempo de inverno
cheo de nostalxia…

días de brétema, sen sol,

nubes negras que presaxian
chuvia e frío
caen as follas, todo se volve murchio
e triste,

pingas de auga tras os vidros
de ventanas que non teñen dono
brétemas espalladas sin xeito,

arrecendo de humidade, nai terra,
vexo chover,
e eu agardo, coma a rosa na roseira,
a lonxana primavera,
esmorecida e trémula: eu tamén iverno!!!!