Ciclo Mestre Mateo. Proxección da película-documental EMOCIÓN, VIDA E TEATRO. A NAVE DAS MARÍAS no Auditorio Municipal de Vilalba


O Instituto de Estudos Chairegos (IESCHA), en colaboración coa Academia Galega do Audiovisual, coa Área de Cultura Vicepresidencia da Deputación de Lugo e co Concello de Vilalba, organiza a proxección da película documental Emoción, vida e teatro. A Nave das Marías, deSaamira Ganay Cris Andina, continuando así co CICLO MESTRE MATEO que durante o último trimestre do presente ano 2024 brindaranos a oportunidade de poder disfrutar das películas finalistas (documentais, longametraxes e curtas) dos XXII PREMIOS MESTRE MATEO.

Esta quinta proxección terá lugar no Auditorio Municipal de Vilalba o DOMINGO 10 DE NOVEMBRO DE 2024, ás 20:00 horas.

NOTA-INFORMATIVA-A-NAVE-DAS-MARIAS

Proxección do documental A VIAXE DE LUCY, de Ruth Chao, no Auditorio Municipal de Vilalba

O Instituto de Estudos Chairegos (IESCHA), en colaboración coa Academia Galega do Audiovisual, coa Área de Cultura-Vicepresidencia da Deputación de Lugo e co Concello de Vilalba, organiza a proxección da película documental A VIAXE DE LUCY, de RUTH CHAO, continuando así co CICLO MESTRE MATEO que durante o último trimestre do presente ano 2024 brindaranos a oportunidade de poder disfrutar das películas finalistas (documentais, longametraxes e curtas) dos XXII PREMIOS MESTRE MATEO.

 Esta cuarta proxección terá lugar no Auditorio Municipal de Vilalba o DOMINGO 20 DE OUTUBRO DE 2024, ás 20:00 horas.

A ENTRADA SERÁ DE BALDE, PERO HABERÁ QUE REALIZAR A CORRESPONDENTE RESERVA BEN NA PÁXINA WEB DO CONCELLO, BEN NA CASA DA CULTURA OU O MESMO DÍA NO AUDITORIO.

NOTA-INFORMATIVA-LUCY

Ciclo Mestre Mateo. Proxección da película FATUM no Auditorio de Vilalba

O Instituto de Estudos Chairegos (IESCHA), en colaboración coa Academia Galega do Audiovisual, coa Área de Cultura-Vicepresidencia da Deputación de Lugo e co Concello de Vilalba, organiza a proxección da película FATUM, de JUAN GALIÑANES, continúando co CICLO MESTRE MATEO que durante o último trimestre do presente ano 2024 brindaranos a oportunidade de poder disfrutar das películas finalistas (documentais, longametraxes e curtas) dos XXII PREMIOS MESTRE MATEO.

Esta segunda proxección terá lugar no Auditorio Municipal de Vilalba o XOVES 10 DE OUTUBRO DE 2024, ás 20:00 horas.

NOTA-INFORMATIVA-FATUM

Fillas de Cassandra crea a música que fiará a gala dos XXII Premios Mestre Mateo

“É marabilloso poder formar parte da festa do audiovisual galego de xeitos tan diversos como os que poderá ver e escoitar o público este sábado”, sinalan María SOA e Sara Faro, que compuxeron pezas específicas para a ocasión

As creacións musicais de Fillas de Cassandra fiarán a gala dos XXII Premios Mestre Mateo do Audiovisual Galego, que se celebrará este sábado, 23 de marzo, na cidade da Coruña. María SOA e Sara Faro son as responsables das composicións que acompañarán os distintos fitos da cerimonia, ademais de ser parte da súa dinamización a través de distintas actuacións que ofrecerán ao longo da noite. 

“Para nós é marabilloso poder formar parte nesta edición dos Mestre Mateo, artellando composicións para a ocasión, con motivos novidosos que noutros contextos non se poderían dar, e nunha noite na que compartiremos escenario con outros proxectos do país, como é o caso do noso benquerido Mondra. Todo o proceso de creación e desenvolvemento da proposta foi revitalizador e moi enriquecedor”, apuntan María SOA e Sara Faro.

Así, a banda sonora orixinal creada por Fillas de Cassandra fiará musicalmente as distintas escenas que conformarán a cerimonia. É o caso das entregas dos galardóns, do Premio de Honra e doutros momentos do evento, que terá lugar no Coliseum da Coruña e que se poderá seguir ao vivo a través da Televisión de Galicia. 

Fillas de Cassandra regresa á cidade da Coruña tras actuar o 22 de febreiro na Sala INN, nunha adaptación do espectáculo que están a presentar na súa nova xira, nomeada Últimas Dionisíacas. Trátase dunha proposta escénica e musical na que as artistas fan unha revisión dos temas máis coñecidos do seu primeiro LP, Acrópole, desde unha electrónica máis escura e potente. No directo, no que a luz e a escenografía teñen un papel moi relevante, tamén recuperan algúns dos sinxelos publicados nos últimos meses e dan a coñecer outros inéditos para o público.

Logo da exitosa estrea das Últimas Dionisíacas o 16 de febreiro no hall do Auditorio Mar de Vigo (cita á que asistiron máis de 1.400 persoas) e do seu paso pola Coruña, Arzúa, Ribadeo ou BIlbao (acompañando a Zetak no seu Aaztiyen Tour), Fillas de Cassandra actuará tanto en Galicia coma nas localidades de Donostia (no marco do ciclo Bizi ala Iraun) e Madrid (Sala Sol); así como en grandes citas musicais do territorio peninsular, entre as que se atopan ZEID FEST, Gozo Fest, Ortigueira, El Tingladu ou Revenidas

Vindeiras datas confirmadas das Últimas Dionisíacas

  • 30 de marzo. Tui. Festas de San Telmo
  • 31 de marzo. Padrón. Festas de Pascua.
  • 12 de abril. Donostia. Ciclo Bizi ala Iraun.
  • 13 de abril. Barakaldo. ZEID FEST.
  • 24 de maio. Ourense. OurenSound Fest. 
  • 25 de maio. Muras. VIII Romaxe artesá da Chaira.
  • 1 de xuño. Madrid. Sala Sol. 
  • 6 de xullo. Santiago de Compostela. Gozo Fest. 
  • 11 ao 14 de xullo. Ortigueira. Festival de Ortigueira.
  • 25 ao 27 de xullo. Vilanova i la Geltrú. El Tingladu.
  • 1 ao 3 de agosto. Bueu. SonRías Baixas.
  • 12 ao 14 de setembro. Vilaxoán. Festival Revenidas. 

Fillas de Cassandra, finalista en 4 categorías dos Premios MIN da Música Independente

Fillas de Cassandra tamén resultou finalista, co seu álbum debut Acrópoleen catro categorías dos Premios MIN da Música Independente, os galardóns que recoñecen a creación artística, diversidade cultural, o novo talento e a calidade das producións publicadas polas Pemes da industria española.  

O dúo vigués conformado por María SOA e Sara Faro é candidato aos seguintes galardóns: 

 Mellor álbum en galego por Acrópole
– Mellor álbum de música de raíz por Acrópole
– Mellor artista emerxente
– Mellor videoclip por II. Lisístrata (Varre vasoira)

“Estamos moi contentas por todas as alegrías que nos está a dar Acrópole, pero moi especialmente por poder ver, nuns premios tan coñecidos, a tantas compañeiras finalistas, tanto nestas coma noutras categorías. Tanxugueiras, Caamaño & Ameixeiras, Bala, Baiuca, The Rapants, Grande Amore… Isto dá boa conta de todo o potencial e da boa saúde que goza a creación musical en galego”, sinalan. 

A entrega destes recoñecementos, outorgados pola Unión Fonográfica Independiente (UFI), terá lugar o 17 de abril en Zaragoza.

20240320-NP-Fillas-de-Cassandra-Mestre-Mateo