Xurxo Souto celebra 20 de literatura na Casa-Museo Manuel María
Xurxo Souto vén celebrar connosco os seus 20 anos de literatura.
Xa o fixo en Lisboa, Lugo, O Barqueiro, na Coruña… e este sábado, día 30 de abril, ás 20 horas, faráo en Outeiro de Rei, na casa natal do seu amigo e “mestre”, Manuel María.
Xurxo vén celebrar as persoas e lugares marabillosos que foron aparecendo na súa vida a través da música e os libros. E vaino facer coa forza da súa poderosa palabra e na compaña de Richi Casás, director do Pardiñazo (XL aniversario do festival de Pardiñas) co que fará algunha cantarea cos sons do saxofone e do acordeón.
Entrada libre. Reservas en contacto@casamuseomanuelmaria.gal ou a través do whatsapp 698177621