XXVIII Homenaxe “O Escritor na súa Terra – Letra E” a Xosé Manuel Martínez Oca: A Estrada, 18 de xuño
A Homenaxe “A/O Escritor/a na súa Terra – Letra E“, que cada ano impulsa a AELG, chega neste 2022 á súa XXVIII edición, recaendo por decisión da Asemblea de Socias e Socios na figura de Xosé Manuel Martínez Oca.
A actividade terá lugar o sábado 18 de xuño, na Estrada. A partir das 11:15 horas desenvolverase o programa de actos previsto, que se pode descargar aquí.
PROGRAMA PREVISTO DE ACTOS
11:30 h. Casa das Letras (Avenida Benito Vigo, 60)
Descubrimento do monólito conmemorativo e plantación da árbore escollida polo autor.
Interveñen:
- José Carlos López Campos, Alcalde do Concello da Estrada.
- Cesáreo Sánchez, Presidente da AELG.
- Xosé Manuel Martínez Oca.
12:30 h. Teatro Principal (Rúa Serafín Pazo)
Acto de entrega da “Letra E”
Interveñen:
- José Carlos López Campos, Alcalde do Concello da Estrada.
- Beatriz Maceda Abeleira, Vicepresidenta da AELG.
- Cesáreo Sánchez, Presidente da AELG.
- Laudatio do autor, por Carlos Loureiro Rodríguez.
- Entrega da peza escultórica, elaborada por Soledad Penalta.
- Intervención do homenaxeado, Xosé Manuel Martínez Oca: Resposta á laudatio.
14:30 Samaná Restaurante, na Estrada (Rúa Gradín, 45)
Xantar de confraternidade posterior.
As persoas interesadas deberán anotarse previamente enviando un correo electrónico oficina@aelg.org, indicando o seu nome, apelidos e número de teléfono, até o 12 de xuño. O prezo do menú é de 30 euros, que se pagarán antes de comezar o xantar, no mesmo restaurante (deberán indicar tamén no mesmo correo electrónico se prefiren carne ou peixe no menú).