AELG.- Apertura de prazo de novas actividades
Desde a AELG infórmase de que están abertos os prazos para se inscribir en:
Sábado, 12 de outubro
Ás 17:00, en Taboada, na Casa do Romualdo, (Vilar, 6 – Vilela –como chegar), con entrada libre, Polafía en Taboada. Historias de cabezóns e loitadoras.
Nesta ocasión haberá a posibilidade de gozar dun programa previo que podedes consultar na web da Polafía e para o que se hai que anotar.
Sábado, 26 de outubro
Desde as 10.15 no Salón de actos da Deputación de Lugo (Rúa San Marcos, 8 –como chegar), XII Xornada de Literatura de Tradición Oral. Rimas e letras da música popular. Do Romanceiro tradicional ao bravú. Entrada libre.
Neste caso hai dúas modalidades de inscrición:
1. Para o profesorado do ensino non universitario e futuros/as ensinantes do ensino non universitario, a matrícula, gratuíta, farase desde o 3 de outubro até o 24 de outubro a través da web da Asociación Sócio-Pedagóxica Galega.
2. Para as persoas que non estean nesas circunstancias ou que non lles interese o certificado homologado, deberán incribirse dirixíndose á secretaría técnica da AELG desde o 3 de outubro até o 24 de outubro a través do correo oficina@aelg.org ou o teléfono 981 133 233 (de luns a venres, en horario de 9.00 a 14.30), e a Asociación de Escritoras e Escritores emitiralles un diploma acreditativo de asistencia.
*Información achegada desde a Secretaría Técnica da AELG.