VIII Edición do Caxato de Avelino en recoñecemento ás irmás Marica e Tareixa Campo
O día 20 de agosto cadrando coa data do pasamento de Avelino Pousa Antelo, na Casa do Concello de Teo (A Coruña), no auditorio Constante Liste, ás 12 h. do mediodía, a Irmandade Avelino Pousa, xunto coa Irmandade Manuel María e a As.C. Xermolos, farán recoñecemento do VIII CAXATO DE AVELINO ás irmás Marica e Tareixa Campo, pola íntima afectividade, amizade e lealdade a Avelino Pousa Antelo, pois este recoñecemento de cada ano baséase precisamente na valoración de afecto, relación limpa e lealdade á persoa de Avelino Pousa.
iso fai ben merecentes ás dúas irmás luguesas de tal distingo e honra. A profesora e escritora María Pilar García Negro será a mantedora deste acto.
Logo do acto de entrega ao Paseo AVELINO POUSA na urbanización Os Verxeis para realizar unha ofrenda floral no monolito que alí hai en honra do propio Avelino.
Recibiron recoñecemento en anteriores edicións;
Alfonso Blanco Torrado, Concello de Teo, Parroquia de Sta. María de Arzúa, Fina Casalderrei, Familia Valentín Arias, Antón Costa e a Fundación Penzol. Este ano correspóndelles ás irmás Marica e Tareixa Campo.
Dos agasallos a recibir por quen se recoñecen, un deles, o caxato, é obra do escultor Valdi e o outro consiste nun gravado da autoría do pintor humanista Heitor Picallo.
*Imaxe recollida da web do Concello de Teo