As persoas interesadas poderán participar tanto a nivel individual como colectivo.
Cada autor/a poderá concursar con cantos traballos desexe.
Os temas sobre os que poderán versar os traballos deberán estar relacionados co patrimonio etnográfico e cultural do Concello de Xermade (tradicións, festas, ritos, arte popular, lendas, memoria histórica, costumes, literatura oral, arquitectura, etc).
Haberádouspremios:
1o Premio, dotado con 2.000 euros.
2o Premio, dotado con 1.000 euros.
Os traballos deberán ser entregados no rexistro do Concello de Xermade baixo pseudónimo, ou a través de correo postal (nunca telemáticamente). En sobre pechado serán incluídos os datos pa persoa participante: Nome, enderezo, teléfono…
Coa presentación dos orixinais deberá ser incluída, tamén, a seguinte documentación:
Curriculum Vitae ou, se é do caso, información detallada das características da asociación, colectivo, grupo…
Modelo de presentación debidamente cumprimentado. O modelo poderá descargarse da páxina web do concello: www.xermade.org
Deberase entregar o orixinal en papel DIN A4 e copia en CD, en PDF e en formato editable, fonte Times New Roman, tamaño 12, e entreliñado 1,5.
A extensión dos traballos será dun mínimo de 50 folios e un máximo de 400. As páxinas ocupadas polas notas, bibliografía, mapas, fotografías, etc, tamén se contabilizarán.
Os traballos deberán ser realizados e presentados e en lingua galega. A data límite de presentación dos traballos será o día 29 de abril de 2022.
O xurado estará presidido polo Sr. Alcalde do Concello de Xermade, e catro vogais: Presidente da Asociación de Veciños de Cabreiros e tres especialistas en materias relacionadas co patrimonio etnográfico e cultural. Actuará como secretario/a un/ha funcionario/a do concello de Xermade. A composición do xurado determinarase por resolución de alcaldía que se fará pública antes do 24 de maio de 2022. 11.Unha vez que o xurado falle os premios, que poderán ser declarados desertos, daranse a coñecer a través dos medios de comunicación.
As persoas premiadas deberán comunicar por escrito ao Concello de Xermade a aceptación do Premio no prazo de oito (8) días naturais a partir da data da comunicación da concesión do mesmo. 13.
A Asociación de Veciños de Cabreiros e o Concello de Xermade poderán solicitar do autor/a calquera aclaración que estimen conveniente en relación co traballo. Así mesmo, poderán deixar sen efecto o Premio se o beneficiario incumpre as obrigacións sinaladas nas presentes Bases. 15.As cuestión non previstas nestas bases serán resoltas polo xurado de acordo co seu libre criterio. 16.A participación no Premio implica a total aceptación das presentes Bases. As obras premiadas poderán ser editadas polo Concello dentro do prazo de cinco (5) anos; transcorrido o mesmo, os seus autores/as disporán delas libremente, pero no momento, se é do caso, da súa publicación, deberán consignar a distinción concedida.
Lugar de celebración: Auditorio Pascual Veiga de Mondoñedo
Dirección: Armando Requeixo
Secretaría: Laura Caamaño Pérez e Abel Vigo
Nº de horas lectivas: 16
Límite prazas: 41
Estes encontros han reunir a algúns dos mellores especialistas na vida e obra de Álvaro Cunqueiro co fin de analizar a actualidade e a vixencia da súa figura e escrita agora que se cumpren os corenta anos do seu pasamento, os trinta anos da celebración do Día das Letras Galegas a el dedicado e os cincuenta anos da publicación de Xente de aquí e de acolá, entre outras efemérides.