Para quen non os coñeza, Exeriaé un grupo pertencente á nova xeración de músicos amantes das guitarras e do rock. Combinan xéneros como o grunge e o britpop, dándolle un novo xiro coa súa propia fórmula. Non contenta con isto, a banda segue abríndose a novas influencias e asimilando música que a priori queda fóra do seu radar estilístico. Así o demostra no seu novo traballo Sobre a independencia, un EP de 5 cancións que se publicou o pasado 8 de marzo. Acompáñase dun videoclip pertencente á canción A Costa de Frades e facturado polo equipo de Trece Amarillo, produtores de videoclips para artistas como Tanxugueiras ou Carlos Núñez.
O 2023 foi un ano moi produtivo para Exeria: tocaron nas 4 provincias de Galicia, gañaron o concurso de bandas Trece Roeis Fest, publicaron os temas Un novo nome e Ata que sexamos reis acompañados de videoclips ben recibidos. E este ano vai ser aínda máis emocionante, con moitos concertos en directo e novos lanzamentos. Foron elixidos para formar parte das Desktop Sessions, un formato acústico e en directo ao estilo de “Tiny Desk” cun ambiente relaxado e composto por 2 cancións inéditas con arranxos influenciados polo trad.
Veñen de tocar xunto a Electric Läger, no bar Liceum de Porriño, no que case 100 almas saltaron o ritmo dos seus novos temas. Este será o seu debut en na cidade da Peregrina, parada dunha xira que conta na actualidade con máis de 10 concertos, e na que percorrerán as 4 provincias. Recomendamos seguir as suas redes para estar ao dia das novas datas que ainda estan sen anunciar.
Exeria 30 Marzo 21:00h C.S A Pedreira Rua Serra nº36 Pontevedra Entrada Inversa
O seu anterior lanzamento de estudio foi Ata que sexamos reis, protagonizado polas máscaras do entroido dos mudados e perriñas, da aldea de Ribadetea recentemente recuperado polos veciños da aldea. Estes esmorgantes aparecían nas casas dos seus veciños pedindo esmola (perriña) que moitas veces se materializaba en viño ou aperitivos para evitar que fagan algunha trasnada.
O estilo do grupo EXERIA estaría nun punto común entre o grunge, o stoner, o rock dos 90 ́s, e incluso o britpop, todo aderezado con letras en galego. As raíces son importantes para calquera proxecto, e a sensación de pertenza a un lugar e a un tempo concretos determina unha mirada e un xeito de crear as súas cancións, formando así o leito polo que discorre o seu discurso estilístico. Logo da presentación de “Un novo nome” en marzo deste ano, a súa consecuente xira por todo o sur da Galicia e de gañar o concurso de bandas do Trece Roeis Fest 23, a banda do Condado segue avanzando a pasos cada vez máis grandes, dar pasos coa presentación en directo do seu primeiro sinxelo “Un novo nome”. Gravado en Estudios Lufs, atopámonos cun tema dos máis celebrados no seu potente directo. O 27 de outubro EXERIA estrea o novo sinxelo “Ata que sexamos reis” que virá acompañado dun videoclip dirixido por Nazaret Pastoriza. Un vídeo no que aparecen as máscaras do entroido das perriñas, tradicional da aldea de Ribadetea, en Ponteareas, recentemente recuperado. A portada do sinxelo está deseñada polo artista Adrián Rodríguez Parcel e reflicte perfectamente a temática da canción, que trata sobre os esforzos que os protagonistas fan para acadar as súas metas (sexan temas amorosos, conflitos internos ou escaladas de poder); asuntos que o grupo trata nunha clave case pop-rock, con contundentes retrousos e partes máis oníricas-ambientais-melódicas.
As primeiras datas de presentación serán:
Sabado 28/10 22:00h La disfrutona del Orzan C/Bosco nº5 A Coruña Xunto a SKIRL 10€
Martes 31/10 21:30 Fabrica de Chocolate (JAGÜELIN PARI)
C/Rogelio Abalde nº22 Vigo Xunto a The Lelly Kelly´s 8€
A continuación vai a información de dous dos grupos que acompañarán a EXERIA na presentación do seu novo sinxelo
O vindeiro sábado 1 de xullo o grupo Exeria regresa aos escenarios do Chiringuito Patapalo, local situado na paradisíaca Illa de Arousa. Acaban de resultar gañadores do certame de bandas Trece Roeis Fest 2023, tras unha selección previa entre moitos grupos de toda Galicia e unha batalla de bandas contra outras 6 bandas/artistas. O seu estilo grunge/rock dos 90 en galego, que lembra a bandas coma os primeiros Radiohead, Nirvana ou incluso Oasis, trae de novo as guitarras ao fronte e fará as delicias de todos os fillos da xeración X.
O sábado 11 de marzo lanzaron o seu primeiro sinxelo, “Un novo nome” acompañado dun videoclip dirixido pola artista multidisciplinar Wences Lamas. A letra trata sobre a transición, a aceptación dos cambios na nosa vida, así como as escollas que esta obríganos a realizar. Neste tema pregúntanse se cando algo remata abruptamente e debemos adaptarnos a una nova realidade, teremos a forza para comezar una vida distinta e renacer? Foi compartido no Zig Zag Diario da TVG e en diferentes medios como “Galiza Metálica”, “Rouco Son”, “Canedo Rock” e “Ábrete de orellas” entre outros.
Neste momento atópanse inmersos na xira de presentación deste tema, con moitas datas en Galicia e nun futuro próximo Portugal.
Exeria, un grupo de grunge/rock 90´s en galego formado en 2021, paricipará este sábado 3 de xuño no concurso de bandas do Trece Roeis Fest en Ferreira de Pantón as 19:30h. E rematarán a festa en ORIGEN, O Porriño as 21:30h .
Esta banda xa lanzara o pasado 11 de marzo o seu primeiro sinxelo, Un novo nome acompañado dun videoclip dirixido polo artista multidisciplinar Wences Lamas.