Raquel Queizás presenta o seu espectáculo TRAVESÍAS na Casa-Museo Manuel María
Este sábado, día 13, ás 17 hrs, RAQUEL QUEIZÁS trae á Casa-Museo Manuel María Travesías, un espectáculo de contos con obxectos e monicreques dirixido para as crianzas, a partir de catro anos, e as súas familias.
Raquel Queizás proporá ao público asistente unha viaxe de aventuras en que se coñecerán mulleres e nenas bravas que loitaron contra os prexuízos para conseguir os seus soños.
Raquel Queizás é actriz, titiriteira e sobre todo contadora. Con máis de vinte anos no mundo da narración oral o seu repertorio inclúe contos tradicionais, lendas de cada recanto, adaptacións de contos de autor e historias propias. Nos seus espectáculos o público é un elemento fundamental, facendo parte das súas historias.
As persoas interesadas en asistiren, poden reservar (billete 2 euros) no seguinte enderezo electrónico contacto@casamuseomanuelmaria.gal ou a través de whatsapp 698177621