A Casa-Museo Manuel María organiza para o martes, terza feira, día 19 de setembro, ás 20.30h, no Teatro Rosalía de Castro da Coruña celebraremos unha nova edición, a décimo cuarta, deLúas de Outono, homenaxe anual a Manuel María.
A edición deste ano preséntase so o título Música, humor e poesía e poderemos gozar coas historias do dramaturgo, director, actor e narrador, Quico Cadaval, coa poesía de Manuel María declamada pola actriz María Barcala e coa proposta musical, que parte do canto tradicional galego, que realiza Paraíso Canto.
A entrada é gratuíta mais é necesario reservar os billetes en contacto@casamuseomanuelmaria.gal ou no whatsapp 698177621 (prazo até o día 18 de setembro incluído). No caso de sobrar billetes, poranse unha hora antes do inicio do espectáculo na billeteira do teatro Rosalía.
A obra poderá verse na sala coruñesa o venres 20 de xaneiro, ás 20.30 horas
‘Último verán en Santa Cristina’ é un texto firmado polo dramaturgo Eduardo Alonso, ambientado nos anos 60, que aborda as sensibles e conmovedoras lembranzas dun neno que vive a súa infancia na España franquista
No texto, un rapaz de 12 anos realiza o tránsito da adolescencia á madurez, descubrindo a natureza da vida e da morte, a esencia do amor e do sexo e, sobre todo, un terrible segredo que oculta a súa familia de militares franquistas
A lonxeva compañía de teatro regresa á Coruña cunha proposta protagonizada por Xavier Estévez, Luma Gómez, Miguel Pernas, Maxo Barjas e Manuela Varela
A lonxeva compañía de teatro galego Teatro do Noroeste regresa á cidade da Coruña para presentar o seu novo espectáculo, Último verán en Santa Cristina, o venres 20 de xaneiro, ás 20.30 horas, no Teatro Rosalía Castro. A peza de teatro político, con tintes autobiográficos, firmada polo dramaturgo Eduardo Alonso, está ambientada nos anos 60 e aborda as sensibles e conmovedoras lembranzas dun neno que vive a súa infancia na España franquista.
No texto, un rapaz de 12 anos realiza o tránsito da adolescencia á madurez, descubrindo a natureza da vida e da morte, a esencia do amor e do sexo e, sobre todo, un terrible segredo que oculta a súa familia de militares franquistas. Teatro do Noroeste regresa deste xeito á cidade herculina cunha proposta protagonizada por Xavier Estévez, Luma Gómez, Miguel Pernas, Maxo Barjas e Manuela Varela.
Último verán en Santa Cristina conta o acontecido a un rapaz de 12 anos que, no ano 1960, pasa o seu último verán nunha praia preto da cidade na que vive. Moitos anos despois, cando xa é un home adulto, recibe unhas cartas supostamente propiedade da súa nai xa morta e, na lectura destas cartas, rememora o acontecido entonces.
Como é fillo de militar, o rapaz vive especialmente os acontecementos da sociedade franquista da época: os desfiles na praza da cidade que coinciden coa estancia de Franco no Pazo de Meirás, a poucos quilómetros de onde el veranea. Entre os seus propios recordos, moi escorados nas lembranzas relacionadas co seu paso de neno a adulto, e as cartas agora coñecidas vai descubrindo a relación da súa propia nai, a muller do militar, cun antigo amigo da xuventude, agora fuxido e enrolado na última partida de guerrilleiros antifranquistas que aínda fica activa en Galicia nese ano de 1960.
Para o protagonista, agora un adulto, a lectura das cartas e os recordos non moi precisos que aínda conserva de aqueles anos, dos que pasaron xa máis de trinta, vanlle descubrindo as relacións triangulares da súa nai, o seu pai e o partisano que, inevitablemente, rematarán en traxedia.
SOBRE A COMPAÑÍA
Teatro do Noroeste é unha compañía de teatro galega fundada en 1987. Na súa dilatada traxectoria de máis de 35 anos, ten producido e distribuído unha grande cantidade de espectáculos. Entre estas pezas se poden salientar desde textos clásicos, como Rei Lear, Macbeth ou Noite de Reis, de William Shakespeare, ou As vodas de Fígaro, de Caron de Beaumarchais; até textos máis contemporáneos, como Os Xustos, de Albert Camús; ou de autores galegos, como Historias Peregrinas e A grande noite de Fiz, de Miguel Anxo Murado, e Unha rosa é unha rosa, de Suso de Toro, ou o musical Imperial: Café cantante. Vigo 1936, de Eduardo Alonso, entre outros.
DESCARGA DO PRESS KIT DO ESPECTÁCULO ÚLTIMO VERÁN EN SANTA CRISTINA
(dossier, nota de prensa, fotos, vídeos, audio e cartel)
O martes, terza feira, día 20 de setembro, ás 20.30 h, no Teatro Rosalía de Castro da Coruña levarase a cabo unha nova edición, a décimo terceira, de Lúas de Outono, homenaxe anual a Manuel María.
Na edición deste ano representarase A lúa vai encuberta, das compañías Incendiaria e A Quinta do Cuadrante (con Melania Cruz, Vanesa Sotelo, Tito Asorey e Davide González), baseada na peza homónima de Manuel María. Este espectáculo foi o gañador da IIª edición do Certame Manuel María de Proxectos Teatrais e leva máis de un ano xirando por toda Galiza cunha acollida e un suceso extraordinario. Se non a vistes non a perdades, e se xa desfrutastes dela podedes volver gozar de novo desta marabilla.
A obra é un verdadeiro mestrado sobre a historia contemporánea de Galiza desde unha óptica propia, ao tempo que un chamamento á acción para a modificar.
A entrada é gratuíta mais é necesario reservar os billetes en contacto@casamuseomanuelmaria.gal ou no whatsapp 698177621 (prazo até o día 19 de setembro incluído). No caso de sobrar billetes, poranse unha hora antes do inicio do espectáculo na billeteira do teatro Rosalía.