Representación teatral de POETA EN NOVA YORK, de Federico García Lorca, a cargo do grupo TEATRO BAIXO DA AREA de Lugo, o xoves 26 de agosto, ás 22:30 horas, en Vilalba
O Instituto de Estudos Chairegos “Pena do Encanto” (Iescha), en colaboración co Concello de Vilalba, e Seráns Teatrais”, dentro do ciclo “ convocado pola Área de Cultura, Patrimonio Histórico Artístico e Normalización Lingüística da Deputación de Lugo, organiza a representación da adaptación da obra de Federico García Lorca, POETA EN NOVA YORK, a cargo do grupo TEATRO BAIXO DA AREA, de Lugo. Terá lugar o vindeiro xoves 26 de agosto de 2021, ás 22:30 horas, no patio exterior do CEIP MANUEL MATO VIZOSO de Vilalba, realizándose a entrada exclusivamente pola porta da pista de baloncesto.
A entrada é gratuíta, pero o aforo estará limitado a 90 persoas por orde de inscrición, que terá que ser realizada enviando un correo electrónico a produtora.palomalugilde@gmail.com co nome, apelidos e número de teléfono das persoas que desexen asistir, recibindo confirmación polo mesmo medio.
A obra está recomendada a partir de 16 anos.
Se o tempo non acompañase, a representación levaríase a cabo no pavillón do mesmo colexio.
Comentario
Teatro Baixo da Area presenta unha adaptación teatral de Poeta en Nova York de Federico García Lorca, unha obra permanentemente moderna e de irremediable actualidade, nunha proposta escénica contemporánea, abordando as temáticas e os conceptos presentes no poemario dende a experimentación e a honestidade. Viaxaremos con Lorca por un Nova York nada lonxano aos temas actuais da nosa sociedade, vinculándoos coa nosa realidade actual e recollendo a súa labor de denuncia dende o noso compromiso social. (…)
O espacio escénico desenvólvese en 360 graos co público no escenario.
Nota.- Terase en conta a normativa sanitaria derivada da situación de pandemia que en cada momento se estableza.
Velaquí a nota informativa do evento.