Presentación do libro ARQUITECTURAS DEBUXADAS de Santiago Catalán
Acto de presentación do libro de Santiago Catalán “Arquitecturas Debuxadas”, organizado polo IESCHA coa colaboración do Concello de Vilalba e de Edicións Xerais de Galicia, e que terá lugar o vindeiro venres, día 27 de outubro, ás 20:30 horas, na Casa da Cultura de Villalba. O acto conta coa participación do propio autor, Santiago Catalán; do director de Edicións Xerais de Galicia, Manuel Bragado; do profesor e vogal do Iescha, Manuel Roca Cendán, e da mestra e presidenta do Iescha, Marisa Barreiro.
Velaquí información do evento e convite ao mesmo.
*Datos achegados polo IESCHA.