IESCHA.- “Debates necesarios: Que sabemos do PXOM?”, na Casa da Cultura de Vilalba
O IESCHA organiza senllos actos sobre o PXOM a celebrar os venres 22 e 29 de outubro de 2021, ás 20:30 horas, na Casa da Cultura de Vilalba O día 22 de outubro terá lugar unha conferencia a cargo da arquitecta técnica Fátima López Soto, co título O planeamento. A ferramenta para facer cidade. E o día 29 celebrarase o debate entre os representantes dos partidos políticos BNG, PP, PSOE e VA.
Velaquí a nota informativa de ditos actos.