Libro #PoemasPenduradosDeFarolas. LUMES, NUNCA MÁIS!
A finais de 2014, o ano da dedicatória das letras galegas a Xosé María Díaz Castro, a NPG Nova Poesía Guitirica, nacida no 25 cabodano da morte do poeta vilarego ao amparo do proxecto Os Vilares, lareira de soños ese mesmo ano, ideóu comenzar cada ano con unha iniciativa que levara a poesía ás rúas con unha proposta bautizada como #PoemasPenduradosDeFarolas. Así, a primeiros do ano 2015 versos dos poetas Guitiricos e un poema de Díaz Castro encheron farolas das localidades de Guitiriz e Parga. Na segunda edición, a proposta levaba xa un contido social, un compromiso poético coa realidade que ademáis de abrir a participación a poetas e convidados (Martiño Maseda e Raúl Gómez Pato, gañadora do primeiro prémio de poesia) a temática común foi contra a violencia machista, unha das grandes lacras da nósa sociedade. Para este ano 2018 as farolas de Guitiriz, nunha convocatória por primeira vez aberta da que participan arredor de medio cento de poetas de Galiza, Portugal, Sudamérica, España, Italia e mesmo Ukraina alzan os seus versos contra o lume que devastou no nóso país mais de 50.000 hectáreas de monte ademáis de casas e negócios e levando por diante várias vidas. Outra grande catástrofe da que se fan eco grandes facedores de versos que participan na iniciativa da NPG e que a partires do 13 de xaneiro pendurarán das farolas e dos soportes dixitais de CulturaliaGZ e Galicia Dixital para a súa descarga gratuita. Sen dúbida unha proposta orixinal e novidosa con grande acollida como demostra a cantidade e calidade na participación e que mantén o pulso díazcastriano na súa de localidade de orixe con outras accións como o Prémio de Poesía, o Certame Vilariñas de micropoesía e as numerosas actividades e recitais desenvolvidos e nos que participa o grupo da NPG Nova Poesía Guitirica.
Veremos nas rúas poemas de 60 poetas de Galiza, Portugal, Venezuela, Ucraína e Italia que farán de Guitiriz e Parga un grande poemario contra os incendios e das suas farolas as páxinas.
*No seguinte enlace accederemos ao libro en formato dixital para que todo o mundo poida desfrutar do mesmo.
Medre a Poesía!