AELG: XXV Homenaxe “O Escritor na súa Terra – Letra E” a Pilar Pallarés: A Coruña, 29 de xuño
A Homenaxe “A/O Escritor/a na súa Terra – Letra E“, que cada ano impulsa a AELG, chega neste 2019 á súa XXV edición, recaendo por decisión da Asemblea de Socias e Socios na figura de Pilar Pallarés.
A actividade terá lugar o sábado 29 de xuño, na Coruña. A partir das 11:30 horas desenvolverase o programa de actos previsto, que se achega en arquivo anexo.
Como é habitual, remataremos a homenaxe cun xantar de confraternidade que celebraremos no restaurante Domus (Rúa Ángel Rebollo, 91, A Coruña –como chegar-), e cuxo prezo por persoa é de 37€, que se pagará no propio restaurante nunha mesa que habilitaremos ao efecto. As prazas no restaurante son limitadas: agradecemos que fagas a túa reserva canto antes. De estardes interesados/as en asistir ao xantar confirmádenolo chamando até o martes, terza feira, 25 de xuño -inclusive- ao teléfono:
981 133 233
ou enviando un correo electrónico a:
*Información achegada pola AELG.