FALLO I CERTAME VILARIÑAS
Andrea Araújo Alonso, da Guarda e residente en Tomiño é a gañadora do Primeiro Certame de Micropoesía da Chaira
coa <VILARIÑA> “Teño un pintor”. Andrea estuda artes escénicas na Escola Superior de Vigo.
O segundo premio foi para o xornalista Pedro Rielo Lamela, de Pontevedra, coa <VILARIÑA> “Gran carballo”.
En terceiro lugar, o profesor e escritor Toño Núñez Álvarez, de Navia de Suarna e residente en Lugo, coa <VILARIÑA> “Abrín os ollos”.
As 150 <VILARIÑAS>, de grande nivel, recibidas de distintos lugares da xeografía galega, serán publicadas nos vindeiros días en www.culturaliagz.com.
Para a entrega de premios organizaremos un acto poético público.
Tanto pola participación como pola calidade dos poemas, consideramos un éxito esta primeira edición das <VILARIÑAS> cuxo nome, en homenaxe ao poeta dos Vilares, e en concreto do lugar do Vilariño, conta xa con outra proposta poética orixinal e aberta á participación de quen o desexe pola súa sinxeleza.
A dificultade da escolla dos premiados é a demostración da alta calidade das <VILARIÑAS> apresentadas a este certame creado pola NPG Nova Poesía Guitirica e a Asociación Sociocultural Lareira de Soños dos Vilares.
*Información facilitada polas entidades convocantes.