Roteiro “O Papagaio sen chave e sen tempo” (Un paseo a carón de Luísa Villalta), guiado por Maribel Longueira e Francisco X. Fernández Naval, o sábado 8 de xuño
O Roteiro O Papagaio sen chave e sen tempo (Un paseo a carón de Luísa Villalta), guiado por Maribel Longueira e Francisco X. Fernández Naval, terá lugar o sábado 8 de xuño, a partir das 12:00 horas, na cidade da Coruña. De carácter gratuíto, as persoas interesadas deben inscribirse previamente no correo electrónico oficina@aelg.org, indicando o seu nome e apelidos. A inscrición realizarase por orde cronolóxica de chegada das solicitudes, dándose a coñecer ás persoas anotadas o punto de saída na contestación á súa solicitude de inscrición.
Esta iniciativa da AELG pretende dar a coñecer as cidades e vilas do país da man das nosas escritoras e escritores, que exercen de guías tomando como base obras propias ou alleas vinculadas a eses espazos. Deste xeito, posibilítase que a cidadanía goce persoalmente dos espazos físicos na súa relación coa memoria literaria.
A actividade conta co apoio do Concello da Coruña.
Máis información aquí: https://www.aelg.gal/actividades/paseos-literarios/2024/6/8/o-papagaio-sen-chave-e-sen-tempo-un-paseo-a-caron-de-luisa-villalta