O CASO DOS AMANTES DE PARÍS, nova novela de Miguel Alonso
Miguel Alonso, o escritor e músico ferrolán, residente na contorna de Compostela, acaba de publicar en Belagua Ediciones a súa nova novela, O caso dos amantes de París, continuación de O Caso Quintana e segunda aventura da estudante de psicoloxía Laura Mariño. Trátase dunha novela negra, localizada en Santiago de Compostela, chea de misterio e música.
No seguinte enlace pódese ver o booktrailer: https://www.youtube.com/watch?v=wICGm5gfV6E&t=11s.
E ler aquí a sinopse da novela: https://belaguaediciones.com/inicio/84-o-caso-dos-amantes-de-paris.html
*Información facilitada polo propio autor