por martinho | Dic 12, 2017 | Autores/as, Novas, Xeral
19 Destacad@s Vilareg@s de 2017
A parroquia dos Vilares recoñece novamente aos vilaregos de honra deste ano a piques de rematar, como cada ano desde o 2014, data de existencia do proxecto OS VILARES, LAREIRA DE SOÑOS.
Distinguimos a persoas e entidades cada ano, nos distintos ámbitos, social, cultural, empresarial, identitario…todos igualmente meritorios e necesarios e nalgún dos casos tamén reivindicativo.
As entidades e persoas recoñecidas son este ano as seguintes:
1. Xunto a Asunción Lobeiras Diaz, á que adicamos o PREMIO TRAPEIRA DE HONRA 2017, e desgraciadamente finada este ano, os outros 18 nomes de persoeiros, colectivos e iniciativas son:
2. Entre os monumentos, OS FRESCOS DA IGREXA DOS VILARES, do século XVI e en sério perigo de desaparición polo abandono e a degradación
3. Nas Reixas, “como reclamo para a súa reparación e posta en valor”, a Escola Habanera da Conchada” para uso social e cultural parroquial e que no ano 2023 cumpre o centenário da súa e construcción.
4. Entre os nomes destacados atópanse as cantoras galegas Tereixa Novo, Maria Xosé Silva SES e Aranha Álvarez e Sandra Tenreiro que tan amablemente se brindaron na homenaxe a Asuncion de dos Ares no Prêmio Trapeira de Honra 2017.
5. Recoñecemos tamén a Raúl Rio, vilarego residente en Euskadi, que sigue activo social e culturamente naquel país e sigue coa parroquia no seu corazón e ao que dedicaremos o Prêmio de Trapero de Honra 2018.
6. Igualmente no eido cultural consideramos que a “mellor organización dun evento” a Romaria de Labrega da Chaira, con casi tres lustros de existencia e mantendo-se con boa saúde e adaptando-se aos tempos.
7. No apartado do coñecemento, destacamos a Segundo Pérez López, dean da Catedral de Compostela e bo coñecedor e valedor da historia dos Vilares. Autor dun libro sobre a escola habanera e outro sobre Díaz Castro.
8. Mentres, no apartado de personaxe destacada da historia vilarega, este ano recoñecemos a José Lobeiras Gómez, O Armeiro de Berulfe, fotógrafo ambulante e home polifacético dos Vilares ao que dedicaremos un documentário que se atopa en período de rodaxe.
9. O recoñecemento á “mellor iniciativa cultural” recae na organización do Certame de micropoemas [VILARIŇAS] por NPG Nova Poesía Guitirica, A. S-C Lareira de soños e CulturaliaGZ.
10. No apartado do mellor artigo sobre a parroquia, CON DÍAZ CASTRO EN VIAXE SEMANAL POR OS VILARES DE Parga, de Xaquín Campo Freire en Galicia Dixital.
11. No eido do deporte volvemos a destacar Antonio Teijido, gañador e record absoluto das “24 horas de Vigo” e unha excepcional campaňa de cross, con distinción nos premios do deporte galego incluida. Neto de vilaregos.
12. Lugar emblemático do ano, a casa de Díaz Castro no Vilariño en apoio á sua recuperación para uso público cultural así como á campaňa para ese fin de XERMOLOS.
13. Pola súa banda, como mellor asociación ou entidade destacamos a CODEGUI, en especial pô-la donación de solidaria aos afectados polos incêndios deste ano en Galicia.
14. Mellor acción musical, o trabalho da mestra do IES Díaz Castro de Guitiriz ano tras ano co alumnado e sempre con Díaz Castro como referência, Sandra Tenreiro Doldán.
15. Mellor iniciativa emprendedora, a reforma e ampliación do local hostelerio Casa Gaibor, do vilarego Carlos Castro e a sűa dona.
16. Mozo ou moza destacados, Sonia Ferreiro Pena, que se descubre como unha talentosa fotógrafa.
17. Persoa de fóra da parroquia destacada no apoio e defensa e estudo da mesma, o poeta Martiňo Maseda polo apoio ás iniciativas culturais na parróquia e pô-la publicación de actividades e libros no seu portal dixital Culturalia GZ.
18. Mellor publicación, o libro de poemas O FILÓSOFO Coxo (Espíral Maior) de Eduard Velasco, gañador do II premio Díaz Castro.
19. No apartado audiovisual, o programa da TV, no que participaron activamente os anticuarios Xaone e o seu fillo Josérra, TESOUROS NO FAIADO.
Os Vilares, Lareira de Soños

Os Vilares, lareira de soños
dosvilares@gmail.com
+34 662 183 149
www.dosvilares.com
www.facebook.com/osvilares
twitter@dosvilares1
por martinho | Dic 4, 2017 | Autores/as, Literaria, Novas, Xeral
Un ano máis, e van tres, nos primeiros dias de 2018, as farolas do concello natal do poeta Díaz Castro lucirán poesía con mensaxe social.
A NPG Nova Poesia Guitirica, a Asociación Sócio-Cultural Lareira de soños e o portal literário dixital Culturalia GZ organizan a terceira edición de POEMAS PENDURADOS DE FAROLAS.
Se en 2016 supuxo a estrea con poemas da NPG, e na segunda, foi adicada á temática contra a violéncia machista,para este ano 2018 o lema será LUMES NUNCA MÁIS e coa novidade dunha convocatória aberta a quen queira participar.
Como xa levamos feito desde o seu início, um poema de Xosé María Díaz Castro figurará entre o conxunto dos que decorrem as farolas guitiricense de Lagostelle e Parga, e neste caso será o poema ESMERALDA, homenaxe á natureza e á importância das cousas pequenas, que inspirou ademáis o recente #CertameVilariñas de micropoesía que con tanto éxito se ten iniciado.
Num mundo cada dia máis prosaico, a poesia axuda a humanizar e mudar desde o compromiso e neste caso desexando mudar conciencias não só de persoas, senón dos poderes para evitar lacras que ennegrcen o nóso país, que nós empobrecen e deixan un mundo peor ás xeracionalmente que nos sucedan. Por iso a temática da vindeira edición é LUMES NUNCA MÁIS, para axudar a non esquecer, pois a memória é aprender…
#PoemasPenduradosDeFarolas desde xa mesmo pode recibir poemas para a terceira edición, que serán distribuídos polas farolas de Guitiriz e alarga a comenzos de 2018 e posteriormente editados nos portais dixitáis www.culturaliagz.com e www.galiciadigital.com En formato libro para descargar. A estrutura e rima son livres e a temática deste ano ten que estar relacionada com lema LUMES NUNCA MÁIS. Podedes remitilos en formato word (para homologar imaxe e maquetar, non se alterará o contido nin a estrutura) a
–dosvilares@gmail.com
–info@culturaliagz.com.
Data limite: 28 de decembro.
Os Vilares, lareira de soños
dosvilares@gmail.com
+34 662 183 149
www.dosvilares.com
www.facebook.com/osvilares
twitter@dosvilares1
por martinho | Nov 25, 2017 | Autores/as, Creación, Literaria, Outras Artes, Publicacións, Xeral
- Para conmemorar o Día contra a Violencia de Xénero o grupo poético NPG Nova Poesía Guitirica levou a cabo a iniciativa de pendurar nas farolas poemas cuxa temática estaba relacionada con esta lacra social, que atenta contra a esencia fundamental da muller como ser humano.
E agora ditos poemas pasan a formato dixital para que poida gozar coa súa lectura todo o mundo.
Velaí o enlace para descargar os Poemas contra a Violencia Machista da NPG Nova Poesía Guitirica e que formaran parte na súa maioría da iniciativa citada de comezos de ano de #PoemasPenduradosDeFarolas e #EnNegroContraAViolenciaMachista. Ademais dos poetas escritos polos integrantes da NPG, tamén aparecen doutros autores coma Emilia Martínez Fuentes, Toño Núñez, o vilalbés Martiño Maseda, o gañador da primeira edición do Premio de Poesía Xosé María Díaz Castro, Raúl Gómez Pato e, por suposto, o vilarego universal Xosé María Díaz Castro.
por martinho | Oct 31, 2017 | Autores/as, Literaria, Novas, Xeral
O sábado 4 de Novembro Recital de Poesía ás 7:30 da tarde na Libraría Biblos e no Local da Sociedade Lar de Unta no que participarán:
YOLANDA PASCUAL, PAS VERES, DANIEL CALVETE, ANTÓN DE GUIZÁN, MARISA GARCÍA, JUDIÑA DE LEA, MARIA PEREIRA, MONCHO BOUZAS, BRANCA VILLAR, JOSÉ CARPENTER E MARTIÑO MASEDA.
Presentarase o poemario publicado na rede Vinte: Poesía Argonauta de Moncho Bouzas, ilustrado con fotografías do Biólogo e divulgador científico Xurxo Mariño e obras da pintora Amalia Costa. É a recompilación de vinte vellos poemas escritos no século pasado, todos eles lidos en recitais do Batallón Literario da Costa da Morte polo autor, e que agora ven a luz en homenaxe ao recentemente falecido poeta e percebeiro Paco Souto.
O recital de poesía, que conta coa participación do poeta vilalbés Martiño Maseda, forma parte dunha iniciativa de dinamización da creación e divulgación da poesía, froito da cooperación de creadores de Betanzos que impulsan a proposta de constitución dun Grupo Poético nas Mariñas coa NPG Nova Poesía Guitirica. A Chaira e As Mariñas baixo o lema Forza e Medre a Poesía!!, concorren nun recital de poesía no Casco Histórico de Betanzos. O recital está organizado pola Sociedade Gastronómica, Cultural, Xuvenil e Deportiva Lar de Unta e conta coa colaboración da Libraría Biblos.
*Información facilitada por Moncho Bouzas.
por martinho | Oct 31, 2017 | Autores/as, Literaria, Novas, Xeral
O próximo sábado bota a andar en Betanzos um novo grupo poético-VINTE, poesía argonauta- con un recital no espazo literário Bíblos e na Asociación Lar de Unta nun acto poético no que participará poetas do novo grupo, da NPG Nova Poesia Guitirica e o poeta vilalbés Martiño Maseda. A dinámica literária chairega achega o seu apoio a iniciativas da comarca veciña e sentabvias de colaboración cultural para o futuro con esta nova iniciativa, espello da NPG, que xa ten participado de numerosas actividades fora da comarca e que prepara para o 2 de decembro nos Vilares a entrega de prémios do Certame <VILARIÑAS> de micropoemas. Adxuntamos enlace de informação do recital e cartel do mesmo:
https://poemasenfollaimpar.wordpress.com/2017/10/24/recital-de-poesia/
Os Vilares, lareira de soños
dosvilares@gmail.com
+34 662 183 149
www.dosvilares.com
www.facebook.com/osvilares
twitter@dosvilares1