O espectáculo CONTAR CO VENTO, con María da Pontragha e o acordeón de Miguelón Paz, este sábado 27 de novembro na Casa-Museo Manuel María
Este sábado, día 27, ás 17 hrs, na Casa-Museo Manuel María, acolleremos unha contada, Contar co vento, para público infantil (maiores de 3 anos) e familiar con María da Pontragha. María, acompañada do acordeón de Miguelón Paz, contará, ás 17 horas, historias de medo, de risa e bonitas a rachar. Cómpre reservar previamente en contacto@casamuseomanuelmaria.gal ou no whataspp 698177621. O prezo do billete é de 2 euros.